RESUMO TORNEOS DE SEMANA SANTA (1ª PARTE)

Aqui tedes a primeira parte do que foi a participacion dos nosos equipos nos torneos destes dias.

 

O xoves foi o dia en que os nosos Prebenxamins A cruzaron a ría, para disputar o torneo Concello de Mugardos onde a pesar de competir a un gran nivel a derrota pola minima fronte o Rapido de Neda no primeiro dos encontros da maña, marcou o resto do torneo xa que a victoria por 2 a 0 ante o Racing de Ferrol non foi suficiente xa que no terceiro e definitivo encontro medironse ante o Orillamar que demostrou ante os nosos que era un serio candidato a chegar a final, como asi  foi . Gran nivel o demostrado polos nosos xogadores, que pouco a pouco iran aprendendo a competir nestes partidos a vinte minutos. AnImo e a seguir asi.

 

Tamen o xoves un combinado dos Benxamins A e C, desplazouse a Cariño para competir no torneo organizado polo C.D Cariño, Duas derrotas pola mínima diante de Racing San Pedro e Viveiro foron as que condearon os do Freixo a non pasar de fase, xa que no encontro fronte o Val estes demostraron unha maior contundencia cara a porteria contraria que os nenos de Rio Seco. Gran torneo o disputado polo noso combinado Benxamin, que ofreceron nha gran coordinacion a pesar de ser membros de dous equipos diferentes.

dsc_06201

 

O venres os viaxeiros a Cariño foron os do equipo do Alevin A que despois unha fantastica fase de grupos clasificaronse para os Cuartos de final onde tiveron que enfrontarse e caeron diante do Imperator que chegou a final e ganoulla o Racing San Pedro. Animo e seguir asi que de seguro que traeredes para a casa algun dos Torneos nos que participaredes a partir de agora.

 

 

Auga, auga e mais auga foi o recibimento que tiveron os nosos nenos do Benxamin A no torneo de Caldas de Rei, que comenzaron a disputar o sabado,  e no que o domingo mediaranse os cabezas de serie tras pasar coma primeiros de grupo o derrotar os seus contrincantes na xornada de hoxe.

O domingo estara encadrado no grupo A que conforman os seguintes equipos Santiago C.F., Pabellón de Ourense, Narón O Freixo, Pontevedra CF.

Moita sorte, e a por todas.