Categoría: Noticias

Toda la información actual

CAMPEONES DE ESPAÑA

CAMPEONES DE ESPAÑA DE FUTBOL SALA CATEGORIA BENXAMIN

 

RUBEN PIÑON SANZ E DIEGO LOPEZ MORALES proclamáronse Campións de España na mañá de hoxe na Categoria Benxamin de Futbol Sala.

Comezaba con atraso a final que enfrontaba a Galicia e Andalucia. Os galegos comezaban cos cinco de Ferrol de inicio que, non tardaban en demostrar a súa intención de traer o Campionato a casa e nos minutos iniciais, adiantábanse no marcador. Nunha gran primeira parte dos galegos, chegaba o segundo. Nese momento, aparecía Diego López para conseguir o terceiro e dar o cuarto co que llegabamos ao descanso. Unha gran primeira parte, onde Ruben conseguía deixar a porta a cero e Diego, resolvía na dianteira.

Con todo, ninguén dixo que fose fácil e tocou sufrir na continuación. Os xogadores de Andalucia conseguiron meterse no partido e con tres goles, puxeron a tenisión para chegar aos últimos minutos con só un gol de distancia no marcador. Con todo, o electrónico xa non se movería ata o final e os galegos conseguían o título de Campións de España.

NORABOA RAPACES

FINALISTAS

FINALISTAS

O NARON FREIXO terá mañá dous finalistas no Campionato de España de Selexcions na categoria Benxamin, al impoñerse no partido de hoxe o combinado Galego ó de Extremadura por un contundente 8-2.

Despois de un bo comezo dos nosos que abrían o marcador nos primeiros instantes de partido, os extremeños acadaban o empate. Pero os Galegos querian xogala final e comenzaron a dominalo partido, ata rematalo con seis goles de diferencia.

Gran actuación de Ruben na porta, acompañado de Diego, que no dia de hoxe sí conseguía perforala rede do equipo contrario.

Gran futbol dos galegos, que se plantan na final contra Andalucia, o domingo as 11:30 horas.

Noraboa e moita sorte 

 

CAMPEONATO DE SELECCIONES FUTSAL CATEGORIA BENJAMIN

 

CAMPEONATO DE SELECCIONES AUTONOMICA FUTBOL SALA – CATEGORIA BENJAMIN

 

A selección galega de Futbol Sala en categoría Benjamin apura as horas para o seu debut no Campionato de España, que lle enfrontará á selección de CASTELA LEÓN ás 19:30 horas de hoxe venres.

Os nosos pequenos, RUBEN PIÑÓN e DIEGO LÓPEZ, preparados para dar o mellor de si neste debut. Desde o Club NARÓN FREIXO, desexámoslles moita sorte tanto neste primeiro partido, como ao longo da competición.

 

 

COMARCAL A FERVENZA

24ª XORNADA LIGA AUTONÓMICA GALLEGA

 

Este venres, o equipo COMARCAL A FERVENZA, disputa o partido máis importante da tempada contra o MOSTEIRO BEMBRIVE no PAVILLÓN da GÁNDARA, ás 21:30 horas do venres 31 de marzo.

As xogadoras locais chegan coa posibilidade de ser campioas de Liga Galega. Aínda quedan tres xornadas por disputarse na competición, pero ambos os equipos chegan invictos a este choque e empatados a puntos no máis alto da táboa. No partido da primeira volta, o marcador final foi de empate a catro, nun partido intenso, dominado pola Fervenza que chegou a ir cun 1 – 4 ao seu favor, pero que as xogadoras do MOSTEIRO lograron empatar nos últimos minutos.

Desde o club A FERVENZA, convídannos a todos a «UNIRNOS POLO SOÑO DA liga», algo que supoñería o ascenso á categoría NACIONAL, un éxito para un club da nosa Comarca en beneficio de todo o deporte local.

 

ENTRADA GRATUITA

 

ANIMO FERVENZA

 

CAMPEONATO PROVINCIAL

CAMPEONATO  PROVINCIAL BENJAMIN PROVICIA A CORUÑA 2016-2017

 

Só unha semana despues de proclamarse campión de Liga, o noso equipo benjamin comeza a loita polo Provincial para o que se clasificaron o CLUB DO MAR «A» (A Coruña), o ALTO DO VENTO PULPSAL e AMIO S.D. (ambos de Santiago) e S.D.C.R. NARON FREIXO (Ferrol).

Os emparellamentos quedaron da seguinte forma:

1 SEMIFINAL: S.D.C.R. NARON FREIXO – ALTO DO VENTO PULPSAL

2 SEMIFINAL: AMIO, S.D. – CLUB DO MAR «A»

Desde o club, queremos facer un chamamento a toda a familia do FREIXO, para que acuda este SÁBADO 1 DE ABRIL ás 19:15 HORAS ao PAVILLÓN DAS LAGOAS, para animar ao noso equipo benjamin, adestrado por NANI para que poidan sacar un bo resultado de cara ó partido de volta en terras Santiaguses que se disputará o día 22 de abril.

 

PRESI: JUAN REY. ADESTRADOR; NANI.DELEGADO: SANTI.XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.

 

 

 

 

 

 

Página 44 de 101
1 40 41 42 43 44 45 46 47 48 101