COMARCAL A FERVENZA

24ª XORNADA LIGA AUTONÓMICA GALLEGA

 

Este venres, o equipo COMARCAL A FERVENZA, disputa o partido máis importante da tempada contra o MOSTEIRO BEMBRIVE no PAVILLÓN da GÁNDARA, ás 21:30 horas do venres 31 de marzo.

As xogadoras locais chegan coa posibilidade de ser campioas de Liga Galega. Aínda quedan tres xornadas por disputarse na competición, pero ambos os equipos chegan invictos a este choque e empatados a puntos no máis alto da táboa. No partido da primeira volta, o marcador final foi de empate a catro, nun partido intenso, dominado pola Fervenza que chegou a ir cun 1 – 4 ao seu favor, pero que as xogadoras do MOSTEIRO lograron empatar nos últimos minutos.

Desde o club A FERVENZA, convídannos a todos a “UNIRNOS POLO SOÑO DA liga”, algo que supoñería o ascenso á categoría NACIONAL, un éxito para un club da nosa Comarca en beneficio de todo o deporte local.

 

ENTRADA GRATUITA

 

ANIMO FERVENZA