Categoría: Noticias

Toda la información actual

FUTBOL SALA. O Alevin D xogase a Liga

O vindeiro domingo, ás 16.00 horas, os alevíns que dirixe NANI, con CARLOS como delegado, xóganse a liga de Fútbol sala, en categoría Alevín.

O partido, que lles enfrontará ao Cidade de Narón B, no pavillón da Gándara na última xornada é decisivo xa que só un punto separa a ambos os equipos.

Gran tempada do equipo, composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e que están a un paso de conseguir o Título.

De pie: NANI, THIAGO, IAGO, ALEXANDRE, RUBÉN e CARLOS. Abajo: ARTHUR, DIEGO, MATI, ANTÓN e CARLOS

Quédanos pedir o apoio da gran familia do FREIXO para que non se perdan a cita do domingo e acudan a animar aos nosos Alevíns.

Imos FREIXO!!

FINAL COPA CATEGORIA INFANTIL. TEMPORADA 2018/2019

O mércores, día 17 de Abril ás 17:30 horas, o equipo INFANTIL da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, disputa a FINAL de COPA fronte ao Galicia de Caranza no cesped de herba natural da Gándara.

Os xogadores que adestran Marcos Otero e Jorge López clasificáronse para a Final de Copa, despois de ser primeiros no Grupo C da 1ª fase, o que lles daba a opción de xogar as semifinais, en eliminatoria de ida e volta contra O Val. Despois de empatar a un gol no campo de Sinde conseguían superar por dous goles a cero ao seu rival no enfrontamento de volta en Río Seco.

Esperamos e desexamos que toda a familia da S.D C.R. NARÓN FREIXO achéguese ás instalacións da Gándara para animar e arroupar ao noso equipo Infantil.

Ánimo e sorte rapaces!!

ANIMO RI!!!

O pasado venres, Ricardo Martínez Espantoso, sufría unha caída xogando ao fútbol no seu colexio que lle producía a rotura do radio.

Desde a S.D.C.R. NARÓN FREIXO, sumámonos á bonita iniciativa dos seus compañeiros e adestradores do equipo Cadete. Esperamos e desexamos que che recuperes canto antes e poidas volver gozar do fútbol co teu equipo.

ANIMO RI!!!!!!

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS. SEGUNDA FASE

A Segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, disputase no día de hoxe na localidad de Valga nas categorías SUB-14 e SUB-15. A S.D.C.R. NARÓN FREIXO, conta con representación na categoría feminina con tres xogadoras dos nosos equipos infantís: LAURA TESTA ROCA, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO e MARÍA DÍAZ FUNCASTA.

As xogadoras departamentais, se impuxeron por tres tantos a un ao combinado de Lugo, cun bo partido de nosas tres infantís. Unha vitoria que as clasifica para a fase final do Torneo. 

No terceiro partido, contra Ourense, coa clasificación para a fase final na man, as xogadoras de Ferrol non fixeron tan bo partido e caeron por dous goles a un.

Gran actuación das xogadoras infantís da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, OLIVIA, LAURA e MARIA.

PARABENS!!

PRE-BENXAMIN A. CAMPIÓN DE LIGA

O pasado venres, os nenos adestrados por Jorge e Emilio, delegado Benjamín e Auxiliar Javi, conseguiron matematicamente o Campionato de Liga, ao sumar o punto que faltaba contra o Galicia de Caranza no Estadio de Río Seco.

 

A falta de dúas xornadas para terminar a competición, permanecen invictos con doce vitorias e dous empates.

 

Parabén a todos os compoñentes do Prebenxamín A, así como toda a familia do Freixo polo primeiro título da tempada.

Página 13 de 101
1 9 10 11 12 13 14 15 16 17 101