Categoría: Noticias

Toda la información actual

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Como cada ano no mes de Xuño, abrimos as Portas das nosas instalacións e dos nosos equipos para todos os nenos e nenas que desexen conocer como entrenamos e como traballamos na nosa Sociedade. 

Este ano, ademais das modalidades de fútbo e fútbol sala, tamen teñen a opción de conocer de primeira man o deporte do Kickboxing. Para cualquier consulta, tedes os móviles de contacto das persoas responsables en cada modalidade. 

 

TODOS A RÍO SECO!!!!!!!

Terminadas as competicións oficiais en fútbol 8 cos campionatos provinciais celebrados a pasada fin de semana, é a quenda do fútbol 11.

Esta fin de semana, Río Seco será o escenario onde os nosos equipos infantís teñen cita para poñer un broche final a unha tempada que pode ser histórica para o noso club.

O sábado, ás 10.30 horas, os infantís que adestra MARCO, disputan a final da Copa Concello de Narón contra o Racing de San Pedro. Un partido ao que chegan despois de eliminar nos penaltis ao C.C.D.y R. Perlio.

Xa o domingo, ás 12.00 horas, os infantís que adestran MARCOS e JORGE, despois de conseguir un gran resultado en Burela, esperan o partido de volta para conseguir o ascenso á liga Galega na devandita categoría.

Fin de semana de fútbol no Estadio Municipal de Río Seco, onde esperamos o apoio de toda a familia da S.D.C.R. NARÓN FREIXO.

CO VOSO APOIO CONSEGUÍMOLO!!!!!!!!

TROFEO CONCELLO DE NARÓN

O Infantil B da S.D.C.R. NARÓN  FREIXO, disputou onte a semifinal do Trofeo Concello de Narón no Estadio Municipal de Río Seco.

O rival, o C.C.R. y D. Perlio, nun cesped en perfectas condicións para a práctica do fútbol. As 20.00 horas comenzaba a rodar o balón.

 

Nunha primeira parte sen dominador claro e de poucas ocasions destacamos unha ocasión de Fabián por parte do Freixo que iase por encima do traveseiro e polo Perlio un tiro de de a frontal atallado por Iván en dous tempos. Partido moi disputado no medio campo e cando parecía que as taboas levarían os rapaces os vestiarios na primeira parte, Oscar García conseguía adiantar o Perlio nunha contra no minuto 36. Non habería tempo para máis nestes primeiros corenta minutos.

Na segunda metade, o Perlio tivo a sentencia, pero o disparo bateu co treveseiro da portería local. Os locais non decaeron e pasiño a pasiño, se foron facendo con xogo no medio campo. No minuto 60 de partido, unha falta lanzada polos naroneses que non acerta a blocar o porteiro visitente, o balón quedalle a Laura Testa que empurra a rede para facer o empate. No derradeiro minuto, Fabián, dipuxo dunha falta na frontal, pero o seu disparo foi o longueiro. Sen tempo para máis, o finalista tiña que decidirse na sorte dos penaltis.

Despois de cinco lanzamentos, onde cada equipo conseguiu anotar catro e fallar un, era o turno de Fabián no sexto penalti. O xogador local, anotaba e mandaba a presión ao lanzador visitante que, enviaba o seu disparo ao traveseiro. Vitoria moi traballada dos xogadores que adestra MARCO e un mais que merecido pase á final.

Só queda felicitar aos xogadores e corpo técnico do noso Infantil B polo gran Torneo realizado e desexarlles moita sorte na final que se disputará o sábado, día 25 de maio ás 10.30 horas no Estadio Municipal de Río Seco contra o Racing San Pedro

ALINEACIONES:

S.D.C.R. NARÓN FREIXO: 13. IVAN DURAN, 3. DANIEL FUNCASTA, 5. MARIO GUERRERO, 7. ADRIAN BARREIRO, 9. DANIEL FISESTRAS, 10. IKER FACHAÑ, 15. LAURA TESTA, 16. HUGO SILVA, 18. ANTONIO CURRAS, 19. ALEXIS AMENEIRO, 21. SANDRO DEL POZO. SUPLENTES: 2. MARTIN DOBARRO, 11. JUGO RODRIGUEZ, 14. FABIAN GARCIA, 17. MARIA DIAZ, 20. ALVARO LOPEZ.

C.C.R. y D: 1. XABIER TUÑEZ, 2. JUAN FABIO CAICO, 3. AARON FILGUEIRAS, 4. AIRAM FERNANDEZ, 5. MATEO CORTIZAS, 6. MARIO CURBEIRA, 7. LUCAS REY, 8. AITOR LOPEZ, 9. MARTIN ABELLEIRA, 10. PEDRO VARELA, 11. RAUL GIL. SUPLENTES: 12. MATEO PENA, 14. GUILLEN CRESPO, 15. OSCAR GARCIA, 16. MARTIN PEREZ. 17. OSCAR PITA.

ANIMO DANI!!!!!!

O pasado luns, Daniel Novo Carballeira, sufría unha caída da bicicleta, que lle producía a rotura do radio.

Desde a S.D.C.R. NARÓN FREIXO, esperamos e desexamos que en poucas semáns, poida voltar os adestramentos cos seus compañeiros.

 

ANIMO DANI!!!!

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS. FASE FINAL

O venres, 17 de maio, a selección femenina de Ferrol, participa na Fase Final do campionato Galego de Seleccións Comarcais que vaise a celebrar no campo de Sinde, O Val. 

A convocatoria para as 11.00 horas. A selección de Ferrol, xoga a segunda semifinal, as 12.15 horas, contra a selección de Pontevedra para buscar un posto na final. Conta coas xogadoras da S.D.C.R. NARÓN FREIXO:

LAURA TESTA ROCA

MARIA DIAZ FUNCASTA

OLIVIA SAAVEDRA BARBERO

Ademáis, CANDELA GÓMEZ SEOANE, foi convocada para a xornada de convivencia co grupo.

Os deixamos o dosier do campionato para que o poidades descargar pinchando aqui.

Moita sorte!!!!

Página 10 de 101
1 6 7 8 9 10 11 12 13 14 101