TODOS A RÍO SECO!!!!!!!

Terminadas as competicións oficiais en fútbol 8 cos campionatos provinciais celebrados a pasada fin de semana, é a quenda do fútbol 11.

Esta fin de semana, Río Seco será o escenario onde os nosos equipos infantís teñen cita para poñer un broche final a unha tempada que pode ser histórica para o noso club.

O sábado, ás 10.30 horas, os infantís que adestra MARCO, disputan a final da Copa Concello de Narón contra o Racing de San Pedro. Un partido ao que chegan despois de eliminar nos penaltis ao C.C.D.y R. Perlio.

Xa o domingo, ás 12.00 horas, os infantís que adestran MARCOS e JORGE, despois de conseguir un gran resultado en Burela, esperan o partido de volta para conseguir o ascenso á liga Galega na devandita categoría.

Fin de semana de fútbol no Estadio Municipal de Río Seco, onde esperamos o apoio de toda a familia da S.D.C.R. NARÓN FREIXO.

CO VOSO APOIO CONSEGUÍMOLO!!!!!!!!