TROFEO CONCELLO DE NARÓN

O Infantil B da S.D.C.R. NARÓN  FREIXO, disputou onte a semifinal do Trofeo Concello de Narón no Estadio Municipal de Río Seco.

O rival, o C.C.R. y D. Perlio, nun cesped en perfectas condicións para a práctica do fútbol. As 20.00 horas comenzaba a rodar o balón.

 

Nunha primeira parte sen dominador claro e de poucas ocasions destacamos unha ocasión de Fabián por parte do Freixo que iase por encima do traveseiro e polo Perlio un tiro de de a frontal atallado por Iván en dous tempos. Partido moi disputado no medio campo e cando parecía que as taboas levarían os rapaces os vestiarios na primeira parte, Oscar García conseguía adiantar o Perlio nunha contra no minuto 36. Non habería tempo para máis nestes primeiros corenta minutos.

Na segunda metade, o Perlio tivo a sentencia, pero o disparo bateu co treveseiro da portería local. Os locais non decaeron e pasiño a pasiño, se foron facendo con xogo no medio campo. No minuto 60 de partido, unha falta lanzada polos naroneses que non acerta a blocar o porteiro visitente, o balón quedalle a Laura Testa que empurra a rede para facer o empate. No derradeiro minuto, Fabián, dipuxo dunha falta na frontal, pero o seu disparo foi o longueiro. Sen tempo para máis, o finalista tiña que decidirse na sorte dos penaltis.

Despois de cinco lanzamentos, onde cada equipo conseguiu anotar catro e fallar un, era o turno de Fabián no sexto penalti. O xogador local, anotaba e mandaba a presión ao lanzador visitante que, enviaba o seu disparo ao traveseiro. Vitoria moi traballada dos xogadores que adestra MARCO e un mais que merecido pase á final.

Só queda felicitar aos xogadores e corpo técnico do noso Infantil B polo gran Torneo realizado e desexarlles moita sorte na final que se disputará o sábado, día 25 de maio ás 10.30 horas no Estadio Municipal de Río Seco contra o Racing San Pedro

ALINEACIONES:

S.D.C.R. NARÓN FREIXO: 13. IVAN DURAN, 3. DANIEL FUNCASTA, 5. MARIO GUERRERO, 7. ADRIAN BARREIRO, 9. DANIEL FISESTRAS, 10. IKER FACHAÑ, 15. LAURA TESTA, 16. HUGO SILVA, 18. ANTONIO CURRAS, 19. ALEXIS AMENEIRO, 21. SANDRO DEL POZO. SUPLENTES: 2. MARTIN DOBARRO, 11. JUGO RODRIGUEZ, 14. FABIAN GARCIA, 17. MARIA DIAZ, 20. ALVARO LOPEZ.

C.C.R. y D: 1. XABIER TUÑEZ, 2. JUAN FABIO CAICO, 3. AARON FILGUEIRAS, 4. AIRAM FERNANDEZ, 5. MATEO CORTIZAS, 6. MARIO CURBEIRA, 7. LUCAS REY, 8. AITOR LOPEZ, 9. MARTIN ABELLEIRA, 10. PEDRO VARELA, 11. RAUL GIL. SUPLENTES: 12. MATEO PENA, 14. GUILLEN CRESPO, 15. OSCAR GARCIA, 16. MARTIN PEREZ. 17. OSCAR PITA.