CALENDARIO ALEVIN IV TORNEO FREIXO

CALENDARIO ALEVIN IV TORNEO FREIXO

PORTADA IV TORNEO FUTBOL FREIXO
Seguimos traballando para que o fin de semana do 9 e 10 de setembro estea todo preparado. Deixámosvos un adianto de, en breve, poñerémosvos os equipos participantes en cada categoría.

CAMBIO FECHA IV TORNEO FUTBOL NARÓN FREIXO
O IV Torneo de Futbol-8 Narón Freixo cambia de data.
Por causas alleas á nosa vontade, vémonos obrigados a adiantar unha semana o Torneo de Fútbol-8 que celebraremos en setembro, ao fin de semana do 9 e 10. Co cal, os partidos de categoría Alevín, disputaranse o sábado día 9 de setembro e os partidos de categoría Benxamín, o domingo 10 de setembro.
Rogamos desculpen as molestias.
FECHA IV TORNEO FUTBOL NARÓN FREIXO
Unha vez botado o telón á tempada 2016/2017 é hora de cambiar o verde de Río Seco pola area da praia durante un par de meses.
Con todo, a finais de Agosto, estaremos de volta para comezar unha nova tempada de fútbol e, para nós, o inicio da tempada, a 2017/2018 márcao a celebración do Torneo de futbol ALEVIN E BENJAMIN NARÓN FREIXO.
Este ano, na cuarta edición, demos un pasito máis e abrimos fronteiras. Despois do gran traballo realizado nas tres edicións anteriores, onde nos consolidamos como un dos Torneos máis prestixiosos do mundo do futbol base, damos un saltito máis e, estamos a preparar un Torneo internacional.
A data elixida para a celebración do IV TORNEO DE FUTBOL NARÓN FREIXO, será o fin de semana do 16 e 17 de setembro, onde o sábado disputaranse os partidos de categoría Alevín e o domingo, terá lugar a categoría Benjamín.
Esperamos e desexamos que poidades gozar dunhas merecidas vacacións.
OS «LEONES» XOGAN O CAMPIONATO PROVINCIAL NA CASA
O vindeiro sábado, día 20 de maio, disputarase nas instalacións de Río Seco, o grupo 2 da Fase Final do Campionato Provincial na categoría Pre-benxamin. O Narón Freixo, queda encadrado no grupo A e terá como rivais o C.D. CALASANZ, S.D. O PINO e RAIO SADENSE.

ARRIBA: ADRI, AARON, CASTE, TESTA, NICO, DANI, NAEL E IAGO. ABAJO: DIEGO, MATI, OTERO E IKER.
Deixámosvos a táboa cos horarios dos partidos de grupo. Clasifícanse dous equipos de cada grupo que disputarán as semifinais ás 17:35 e a final, terá lugar ás 18:30. Desde o club, pedimos o apoio de toda a familia do NARÓN FREIXO para que veñan animar aos nosos pequenos, así como, aproveitamos estas liñas para desexarlles sorte e que gocen dunha experiencia inesquencible.
IMOS «LEONES»

