CAMPEONATO PROVINCIAL PREBENJAMIN FUTBOL-8

OS “LEONES” XOGAN O CAMPIONATO PROVINCIAL NA CASA

 

O vindeiro sábado, día 20 de maio, disputarase nas instalacións de Río Seco, o grupo 2 da Fase Final do Campionato Provincial na categoría Pre-benxamin. O Narón Freixo, queda encadrado no grupo A e terá como rivais o C.D. CALASANZ, S.D. O PINO e RAIO SADENSE.

ARRIBA: ADRI, AARON, CASTE, TESTA, NICO, DANI, NAEL E IAGO. ABAJO: DIEGO, MATI, OTERO E IKER.

Deixámosvos a táboa cos horarios dos partidos de grupo. Clasifícanse dous equipos de cada grupo que disputarán as semifinais ás 17:35 e a final, terá lugar ás 18:30. Desde o club, pedimos o apoio de toda a familia do NARÓN FREIXO para que veñan animar aos nosos pequenos, así como, aproveitamos estas liñas para desexarlles sorte e  que gocen dunha experiencia inesquencible.

IMOS “LEONES”