FECHA IV TORNEO FUTBOL NARON FREIXO

 

FECHA IV TORNEO FUTBOL NARÓN FREIXO

 

Unha vez botado o telón á tempada 2016/2017 é hora de cambiar o verde de Río Seco pola area da praia durante un par de meses.

Con todo, a finais de Agosto, estaremos de volta para comezar unha nova tempada de fútbol e, para nós, o inicio da tempada, a 2017/2018 márcao a celebración do Torneo de futbol ALEVIN E BENJAMIN NARÓN FREIXO.

Este ano, na cuarta edición, demos un pasito máis e abrimos fronteiras. Despois do gran traballo realizado nas tres edicións anteriores, onde nos consolidamos como un dos Torneos máis prestixiosos do mundo do futbol base, damos un saltito máis e, estamos a preparar un Torneo internacional.

A data elixida para a celebración do IV TORNEO DE FUTBOL NARÓN FREIXO, será o fin de semana do 16 e 17 de setembro, onde o sábado disputaranse os partidos de categoría Alevín e o domingo, terá lugar a categoría Benjamín.

Esperamos e desexamos que poidades gozar dunhas merecidas vacacións.