Categoría: Noticias del club

FELIZ VERANO 2018

O pasado venres, despedimos a tempada 2017/2018 e desde a  SDCR NARÓN O FREIXO, queremos dar as grazas a todas as persoas que, tempada tras tempada, fan posible que este pequeno club funcione e siga crecendo cada ano.

En primeiro lugar, felicitar aos nenos e nenas da escola polo seu compromiso e dedicación, tamén aos adestradores e monitores, así como aos delegados que coidan dos pequenos e non tan pequenos. Aos pais e nais por confiar en nós unha vez máis, aos coordinadores e membros da Xunta directiva, así como ás súas familias porque sen o seu apoio non sería posible que dedicasen tantas horas ao traballo que necesita un club tan pequeno.

A todos, desexámoslles un bo verán e seguiremos traballando para que, a finais de agosto, primeiros de setembro, unha vez máis, todo estea preparado para dar a benvida a unha nova tempada.

GRAZAS E FELIZ VERÁN.

Todos os que desexen entregar a inscrición para a tempada que vén, poden facelo, poñéndose en contacto con calquera das seguintes persoas:

 

                JUAN CARLOS       +34 656 95 44 16

                RAFA                      +34 606 69 52 53

                CARLOS                 +34 679 40 97 07

VII GALA DE FUTBOL FERROLTERRA – PREMIOS VOLTAARIA

Unha tempada máis que chega ao seu fin e é hora de facer balance do traballo realizado, recoller os froitos e gozar do recoñecemento. O pasado venres, tivo lugar a Gala do fútbol de Ferrol e Comarca no Auditorio de Narón. A SDCR NARÓN O FREIXO, subiu en varias ocasións ao escenario para recibir os premios ao traballo realizado nos últimos nove meses.
En primeiro lugar, o recoñecemento a MARCOS OTERO, como mellor adestrador do grupo 4 na categoría de xuvenís. Gran tempada a realizada polo noso técnico que, ademais deste merecidísimo galardón, conseguiu o título de Liga e Copa en categoría alevín e alcanzaron as semifinais do provincial na devandita categoría.

También subieron a recoller o premio de campions de Liga, o equipo Alevín A da SDCR NARÓN O FREIXO.

En categoría feminina, OLVIA SAAVEDRA BARBEIRO (OLI), foi premiada pola sua participación coa selección Galega sub-12 no campionato de España. 
Por último, pero non menos importante, os xogadores do equipo xuvenil da SDCR NARÓN Ou FREIXO, recibiron o premio á deportividade, estando nominado ao mellor xogador xuvenil do grupo 4, MARIO VILLAAMIL VAZQUEZ.

PARABÉN aos premiados.

 

ENTREGA TROFEOS PORTEROS SDCR NARON O FREIXO

Unha tempada máis que finaliza e, o noso adestrador de porteiros, fai entrega dun recordo para todos os porteiros da SDCR NARÓN O FREIXO. Un detalle que encantou a maiores e, sobre todo aos máis pequenos.

 

CAMPUS NARON O FREIXO VERANO 2018

A SDCR NARÓN O FREIXO, xunto con LSA presentan un completo CAMPUS para esté verán 2018. Non te perdas do 9 ao 14 de Xullo unha experiencia multidisciplinar que engloba dende o fútbol a visitas culturais, outras actividades deportivas e xornadas con profesionais do fútbol inglés.

Esta semana, subiremos o formulario de inscrición á nosa web, así como máis información sobre as actividades deportivas e culturais. Non fagas plans do 9 ao 14 de xullo, non te podes perder esta experiencia.

ABERTO PLAZO DE INSCRIPCION

 

Unha tempada máis, a S.D.C.R. NARÓN FREIXO, comeza a recibir as preinscrición para a vindeira tempada. Recordarvos que o importe dunha actividade (fútbol o fútbol sala) é de 200€ repartidos en 10 cuotas mensuais, e por ambas actividades o importe son 300 €.

Coa preinscripción, se entrega o importe correspondente a mensualidad de setembro.

Para máis información, os esperamos en Río Seco de luns a xoves, dende as 18:00 horas. Todos os que desexen, poden descargar aquí a  solicitude de preinscripción.

Página 15 de 23
1 11 12 13 14 15 16 17 18 19 23