Categoría: Noticias del club

II TORNEO DE FUTBOL BASE S.D.C.R NARÓN FREIXO

Os días 5 e 6 de Setembro celebrarase no Estadio Municipal de Río Seco, en Narón, a segunda edición do Torneo de Fútbol Base S.D.C.R Narón Freixo nas categorías de Benxamíns e Alevíns. Nesta segunda edición o Torneo traspasa fronteiras para ofrecer un cartel certamente interesante de equipos participantes, contaremos con dezaseis equipos en cada categoría. Serán escadras de Ferrol e comarca ademais de equipos punteiros a nivel galego e dos equipos desta Sociedade. O dia 5 desenrolarase a competición Alevín e o domingo seis será o dia dos Benxamíns.

Despois da primeira edición do Torneo de Fútbol Base organizado por esta Sociedade, tanto o éxito de participantes, coma os parabéns recibidos, puxeron ao Narón Freixo nunha difícil encrucillada: seguir polo mesmo camiño ou darlle unha orientación distinta ao Torneo nesta 2ª edición; e desa decisión xurde este II Torneo de Fútbol Base Narón Freixo, un proxecto moi ambicioso que tentaremos consolidar en próximas edicións para ser un referente no Fútbol Base Galego.

Lesión dun benxamín

Onte no partido que enfrontaba os nosos benxamíns “A” co Rápido de Neda, o noso xogador David  Pardo López  fracturou os osos do nariz nun lance do xogo, atopándose ingresado nun Centro Hospitalario, onde esta maña foi intervido para reducir a fractura, xa foi trasladado á súa habitación sendo o seu pronóstico favorable e será dado de alta nos próximos días, o seu estado de ánimo é bo. Dende aquí, e en nome do Narón Freixo, queremos transmitirlle os nosos ánimos, tanto a él coma a súa familia, e agardamos que esté o antes posible correndo outra vez por Río Seco.

.

Page 19 of 23
1 15 16 17 18 19 20 21 22 23