Categoría: Competiciones

PARTICIPACIÓN DA SECCIÓN DE KICKBOXING DO CLUB NARÓN O FREIXO NO V OPEN CIDADE DE CASTRO URDIALES

O pasado día 23 desprazáronse ata a localidade cántabra de Castro Urdiales, catro deportistas da nosa sección de kickboxing acompañados do seu adestrador Rubén Villar Díaz para participar no V OPEN CIDADE de CASTRO URDIALES.

A delegación do NARÓN  FREIXO, formada por Paula e Iker Villar Sánchez e Adrián e Rubén Igrexas Fernández, logrou un amplo botín no devandito campionato. Así Rubén Igrexas subiuse todo o máis alto do podium ata en dúas ocasións, proclamándose campión nas modalidades de kicklight e lightcontact junior masculino -63kg. Paula Villar volveu cun ouro en kicklight na categoría junior feminino -70kg, dúas pratas unha en lightcontact feminino -70kg e outra en pointfight junior feminino -70kg e un bronce en kicklight senior feminino -70kg (estando aínda a dous anos de entrar nesa categoría). Adrián Igrexas gañou unha medalla de prata en lightcontact junior masculino -69kg e un bronce na mesma categoría de kicklight. Iker Villar, o máis pequeno da delegación, fíxose na categoría de cadete menor masculino -42 kg cunha prata en kicklight e dous bronces en pointfight e lightcontact.

Excepcional resultado que alzou ao club NARÓN FREIXO ata a décima posición do ránking composto por unha trintena de clubs. As próximas citas para a nosa sección serán o día 30 na antesala da velada de Miño o debut en ring do senior Borja Branco e posteriormente a participación de 6 dos nosos deportistas no Campionato Galego de tatami que se celebrará en Ourense os próximos días 6 e 7 de Abril.

A sección de kickboxing do Narón O Freixo estrea tempada en Salamanca o vindeiro domingo

Esta fin de semana desprazaranse a Salamanca para participar no IV Open Nacional Cidade de Salamanca, pertencente á liga Last Round, catro dos nosos deportistas da sección de kickboxing, acompañados polo seu adestrador Rubén Villar Díaz.

O equipo estará formado por Paula Villar Sánchez ( dúas veces campiona de España e membro da selección nacional junior de kickboxing ), Borja Branco Lestayo, Jhon Sales Dá Silva e Iker Villar Sánchez ( estes tres últimos deportistas debutan en competición).

Desde o Narón O Freixo queremos dar todos os ánimos posibles ao noso equipo e sobre todo que gocen desta gran experiencia. Iremos informando dos resultados deste campionato e xa vos avisamos de que a próxima semana haberá outra gran noticia desde a nosa sección de kickboxing.

TODOS CON PAULA VILLAR

Paula Villar Sanchez de 16 anos de idade, foi convocada por terceiro ano consecutivo pola selección española de kickboxing para participar no seu segundo campionato do mundo. Tras gañar varios campionatos de España, un open internacional Athens Challenguer 2017, unha medalla de bronce no mundial de 2016 en Dublín, Irlanda, outro bronce no Campionato de Europa en Skopje, Macedonia no ano 2017. Participar este ano no open Austrian Classic de Innsbruck, Austria, afronta este novo reto no seu primeiro ano na categoría junior.
Ao carecer de axudas institucionais nin de ningún tipo, poñemos á venda estas camisetas para poder sufragar os gastos que supoñen o asistir ao devandito Campionato Mundial. Todo o que desexe colaborar, pode poñerse en contacto con RUBEN VILLAR (669 821 450). A camiseta ten un prezo de 10,00 € destinados integramente a sufragar os gastos de PAULA VILLAR no campionato do Mundo.

Dende a SDCR NARÓN O FREXO aproveitamos esta ocasión para dar a nosa máis sincera felicitación a unha campeona como PAULA VILLAR, esperamos e desexamos que teña unha gran actuación no Campionato xa que sabemos o gran traballo, dedicación e esforzo que leva adicados durante moitos anos. Asi mesmo, que disfrute dunha gran experiencia como é un Mundial, unha máis na súa carreira.

PARABENS CAMPIONA!!!

Página 4 de 4
1 2 3 4