A sección de kickboxing do Narón O Freixo estrea tempada en Salamanca o vindeiro domingo

Esta fin de semana desprazaranse a Salamanca para participar no IV Open Nacional Cidade de Salamanca, pertencente á liga Last Round, catro dos nosos deportistas da sección de kickboxing, acompañados polo seu adestrador Rubén Villar Díaz.

O equipo estará formado por Paula Villar Sánchez ( dúas veces campiona de España e membro da selección nacional junior de kickboxing ), Borja Branco Lestayo, Jhon Sales Dá Silva e Iker Villar Sánchez ( estes tres últimos deportistas debutan en competición).

Desde o Narón O Freixo queremos dar todos os ánimos posibles ao noso equipo e sobre todo que gocen desta gran experiencia. Iremos informando dos resultados deste campionato e xa vos avisamos de que a próxima semana haberá outra gran noticia desde a nosa sección de kickboxing.