PARTICIPACIÓN DA SECCIÓN DE KICKBOXING DO CLUB NARÓN O FREIXO NO V OPEN CIDADE DE CASTRO URDIALES

O pasado día 23 desprazáronse ata a localidade cántabra de Castro Urdiales, catro deportistas da nosa sección de kickboxing acompañados do seu adestrador Rubén Villar Díaz para participar no V OPEN CIDADE de CASTRO URDIALES.

A delegación do NARÓN  FREIXO, formada por Paula e Iker Villar Sánchez e Adrián e Rubén Igrexas Fernández, logrou un amplo botín no devandito campionato. Así Rubén Igrexas subiuse todo o máis alto do podium ata en dúas ocasións, proclamándose campión nas modalidades de kicklight e lightcontact junior masculino -63kg. Paula Villar volveu cun ouro en kicklight na categoría junior feminino -70kg, dúas pratas unha en lightcontact feminino -70kg e outra en pointfight junior feminino -70kg e un bronce en kicklight senior feminino -70kg (estando aínda a dous anos de entrar nesa categoría). Adrián Igrexas gañou unha medalla de prata en lightcontact junior masculino -69kg e un bronce na mesma categoría de kicklight. Iker Villar, o máis pequeno da delegación, fíxose na categoría de cadete menor masculino -42 kg cunha prata en kicklight e dous bronces en pointfight e lightcontact.

Excepcional resultado que alzou ao club NARÓN FREIXO ata a décima posición do ránking composto por unha trintena de clubs. As próximas citas para a nosa sección serán o día 30 na antesala da velada de Miño o debut en ring do senior Borja Branco e posteriormente a participación de 6 dos nosos deportistas no Campionato Galego de tatami que se celebrará en Ourense os próximos días 6 e 7 de Abril.