Categoría: Competiciones

A nosa kickboxer Paula Villar parte cara o Campionato de Europa

O vindeiro venres 23 partirá cara a Gyor, Hungría nosa deportista Paula Villar Sánchez onde se concentrará co resto da selección Española junior para participar no Campionato de Europa Wako.

Paula participará nas modalidades de kicklight e lightcontact na categoría junior -70kg. Esta é a súa cuarta convocatoria coa selección nacional tras participar no mundial de Dublín no ano 2016, o europeo de Macedonia no ano 2017, e o mundial de Italia no ano 2018.

Desde a S.D. C. R. Narón O Freixo desexámoslle toda a sorte do mundo e sobre todo que goce a experiencia confiando en que fará un grandísimo papel.

PAULA VILLAR SÁNCHEZ CONVOCADA POLA SELECCIÓN NACIONAL

 

 

 

O noso club está de parabén, a nosa competidora e profe dos máis peques Paula Villar Sánchez foi convocada pola Federación Española de Kickboxing e Muaythai (FEKM) para formar parte da selección nacional junior que participará no Campionato de Europa que se celebra en Gyor, Hungría do 23 de Agosto ao 1 de Setembro.

Esta é a cuarta vez que Paula forma parte do combinado nacional. Este ano logrou varios triunfos importantes tanto en opens nacionais como internacionais, ademais de quedar bicampiona de España nas modalidades de kicklight e lightcontact. Desde o Freixo desexámoslle moita sorte e sobre todo que goce desta gran experiencia.

PARABENS CAMPIONA!!!!!!

A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING VOLVE DE ITALIA CON SEIS METAIS

A pasada fin de semana parte do noso equipo de competición desprazouse á localidade italiana de Rímini para participar no 24º open internacional BESTFIGHTER, pertencente á WAKO WORLD CUP. Unha das seis competicións de kickboxing máis importantes a nivel mundial, na que houbo 2760 deportistas inscritos.
O balance para os nosos deportistas foi excelente xa que volveron de Italia con seis metais e con moi boas sensacións.
 
Paula Villar gañou a medalla de ouro na modalidade de kicklight junior -70kg e a de prata en lightcontact -70kg e kicklight -65kg perdendo a final coa actual campiona mundial nese peso e modalidade a italiana Sveva Scandurra.
 
Rubén Iglesias Fernández proclamouse subcampión na modalidade de kicklight junior -63kg quedándose nos últimos segundos ás portas do ouro nun combate moi igualado.
Iker Villar Sánchez volveu de Italia cun segundo posto na modalidade de kicklight ( under Green belt) cadete menor -42kg tras gañar a semifinal por garra a un competidor con moita máis experiencia e técnica que el.
 
Adrián Iglesias Fernández volve de Italia cunha medalla de bronce na modalidade de lightcontact junior -69 kg e quedándose só a un par de puntos de meterse na final.
 
Jhon Kleb Salgues Dá Silva foi o único que non puido traerse ningunha medalla pero non porque non a merecese, se non porque cando ía gañando por unha boa marxe de puntos a un competidor polaco tivo a mala sorte de caer lesionado tras un golpe na morna. Afortunadamente non foi máis que un susto e atópase ben.
 
Grandísima experiencia para os nosos competidores que unha vez máis demostran que están capacitados para plantar cara en calquera tipo de competición sexa nacional ou internacional.
 

 

 
 

A nosa sección de Kickboxing parte para a Italia

Parte do noso equipo de competición da sección de kickboxing, parte este xoves cara á localidade italiana de Rímini onde participarán os próximos días 14, 15 e 16 de xuño, nunha das competicións máis duras e importantes a nivel mundial, será no torneo BESTFIGHTER pertencente á KICKBOXING WAKO WORLD CUP.

 

O noso equipo estará encabezado polo seu adestrador Rubén Villar quen irá acompañado por Rubén Iglesias Fernández, Adrián Iglesias Fernández, Paula Villar Sánchez, Jhon Kleb Sales Da Silva e Iker Villar Sánchez.

Dende o club queremos desexar ao noso equipo unha boa viaxe e sorte nesta dura competición que a día de hoxe e, co prazo de inscrición xa pechado rolda as 2.700 inscricións.

DOUS OUROS E DOUS BRONCES DO NARÓN O FREIXO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING

A pasada fin de semana celebrouse en Guadalaxara o campionato nacional de kickboxing.

Catro dos deportistas do noso club participaron no mesmo formando parte da selección galega obtendo uns magníficos resultados. Paula Villar Sánchez participou nas modalidades de kicklight e lightcontact na categoría junior -70kg alzándose coa medalla de ouro nas dúas disciplinas, proclamándose bicampioa de España. Rubén Iglesias Fernández pelexou na modalidade de lightcontact junior-63kg, conseguindo un bronce máis que meritorio xa que nese grupo de peso había dezasete competidores. Adrián Iglesias Fernández, participou na modalidade de kicklight junior -69kg, onde se fixo coa medalla de bronce, do mesmo xeito que o seu irmán, nun cadro de catorce competidores. Iker Villar Sánchez, o máis pequeno da expedición, a pesar de non pasar da súa primeira pelexa en cuartos de final na súa primeira participación nun nacional, fixo unha grandísima pelexa na que o resultado foi moi axustado e o seu rival quedou a unha soa saída do tatami de ser descualificado.

O próximo día 25 Paula participará nunha concentración da Federación Española de Kickboxing e Muay Thai no CSD de Madrid, onde asistirán os ouros e as pratas do nacional e de onde sairá a selección que representará a España no campionato de Europa que se celebrará no mes de Agosto en Hungría.

Desde o club queremos felicitar aos nosos competidores e darlles moitos ánimos para que sigan adiante nos seus máis que prometedoras traxectorias deportivas.

Página 3 de 4
1 2 3 4