A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING VOLVE DE ITALIA CON SEIS METAIS

A pasada fin de semana parte do noso equipo de competición desprazouse á localidade italiana de Rímini para participar no 24º open internacional BESTFIGHTER, pertencente á WAKO WORLD CUP. Unha das seis competicións de kickboxing máis importantes a nivel mundial, na que houbo 2760 deportistas inscritos.
O balance para os nosos deportistas foi excelente xa que volveron de Italia con seis metais e con moi boas sensacións.
 
Paula Villar gañou a medalla de ouro na modalidade de kicklight junior -70kg e a de prata en lightcontact -70kg e kicklight -65kg perdendo a final coa actual campiona mundial nese peso e modalidade a italiana Sveva Scandurra.
 
Rubén Iglesias Fernández proclamouse subcampión na modalidade de kicklight junior -63kg quedándose nos últimos segundos ás portas do ouro nun combate moi igualado.
Iker Villar Sánchez volveu de Italia cun segundo posto na modalidade de kicklight ( under Green belt) cadete menor -42kg tras gañar a semifinal por garra a un competidor con moita máis experiencia e técnica que el.
 
Adrián Iglesias Fernández volve de Italia cunha medalla de bronce na modalidade de lightcontact junior -69 kg e quedándose só a un par de puntos de meterse na final.
 
Jhon Kleb Salgues Dá Silva foi o único que non puido traerse ningunha medalla pero non porque non a merecese, se non porque cando ía gañando por unha boa marxe de puntos a un competidor polaco tivo a mala sorte de caer lesionado tras un golpe na morna. Afortunadamente non foi máis que un susto e atópase ben.
 
Grandísima experiencia para os nosos competidores que unha vez máis demostran que están capacitados para plantar cara en calquera tipo de competición sexa nacional ou internacional.