Categoría: Club

TORNEO CONVIVENCIA CATEGORIA BENXAMIN

 

 

 

S.D.C.R. NARON O FREIXO

TORNEO DE CONVIVENCIA

CATEGORÍA BENXAMIN

TEMPADA 2015/2016

 

 

O Torneo de Convivencia na categoría Benxamin, grupos 21, 22 e 23 correspondente á tempada 2015/2016, xa ten un gañador que non é outro que o noso Benxamin A, co que pechou unha gran tempada ao conseguir o dobrete. Tan só, dúas semanas despois de proclamarse Campión de Liga, conseguía alzar o Trofeo de Convivencia celebrado nos campos de Sinde.

Seguir leyendo «TORNEO CONVIVENCIA CATEGORIA BENXAMIN»

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

FORMULARIO INSCRIPCIÓN TEMPADA 2016/2017

formulario-de-inscripcin-sdcr-narn-freixo-temporada-2016-2017-1Desde hoxe, temos a disposición de todos vós os formularios de inscrición para a tempada que vén 2016/2017. Podes conseguilos no estadio de Rio Seco, no Pavillón das Lagoas ou picando na ligazón que vos deixamos o final do artigo.

Non esquezamos que, a próxima tempada o club cumprirá 25 anos e non queremos que o perdas, espérannos moitas novidades nas que estamos a traballar.

Enche o formulario e entrégao na cantina de Río Seco ou no  Pavillón das Lagoas xunto con 30 € para os nenos que se apunten a futbol e futsal ou 20€ se só se apuntan a unha das dúas actividades (no caso de chupetes ou biberóns, serán  12€ ) correspondentes á primeira cota da tempada 2016/2017.

Tanto Juan Carlos como Manuel Picos, quedan  vosa disposición para recoller os formularios e solucionarvos todas as dudas que teñades.

 

Pica no seguinte enlace para descargar o formulario FORMULARIO INSCRIPCION

O BENXAMIN «A» DA S.D.C.R NARÓN O FREIXO CAMPION DE LIGA

O 23 de abril de 2016 xa se converteu nunha data histórica para a S.D.C.R Narón O Freixo. Foi onte cando por primeira vez, na curta historia do F-8 no noso club, gañamos unha competición oficial que se ven a xuntar as moitas xa ganadas antes no fútbol sa. O noso equipo do Benxamín «A» tivo a honra de cumprir este soño no segundo ano de andaina da nosa sección de F-8. Aínda faltan dúas xornadas por disputar pero xa son CAMPIONS do Grupo 1º da Liga MOVISTAR de Ferrolterra.

Seguir leyendo «O BENXAMIN «A» DA S.D.C.R NARÓN O FREIXO CAMPION DE LIGA»

LAURA TESTA NA CONVOCATORIA DA SELECION SUB-12 FEMININA

A xogadora alevin do Narón O Freixo Laura Testa Roca, foi convocada para o adestramento da Selección Galega Sub-12 que tera lugar este luns  día 28 na cidade de Ourense e no que tamen disputarán un encontro contra un equipo alevín da cidade das Burgas. Moita sorte e que disfrutes desta experiencia.

Página 7 de 18
1 3 4 5 6 7 8 9 10 11 18