TORNEO CONVIVENCIA CATEGORIA BENXAMIN

 

 

 

S.D.C.R. NARON O FREIXO

TORNEO DE CONVIVENCIA

CATEGORÍA BENXAMIN

TEMPADA 2015/2016

 

 

O Torneo de Convivencia na categoría Benxamin, grupos 21, 22 e 23 correspondente á tempada 2015/2016, xa ten un gañador que non é outro que o noso Benxamin A, co que pechou unha gran tempada ao conseguir o dobrete. Tan só, dúas semanas despois de proclamarse Campión de Liga, conseguía alzar o Trofeo de Convivencia celebrado nos campos de Sinde.

Foron moitos os partidos disputados desde as 17.30 horas do venres, cando empezaba a rodar o balón en O Val, cos partidos correspondentes aos grupos A e B, desde o noso club, enviamos unha felicitación aos compañeiros de O Val, polo esforzo e o traballo realizado na celebración deste Torneo, todo un exemplo para  nos.

benjaminbO noso clube, estaba representado nesta ocasión polo Benxamin A e o Benxamin B.

 

Os nosos pequenos do Benxamin B, comezaban a súa andaina ás 10.50 do sábado encadrados no grupo C. No primeiro partido, que lles enfrontaba ao C.D. Narón, o marcador finalizaba cun 2-0 en contra despois dun partido moi disputado. O mesmo resultado que tería lugar no segundo partido que lles enfrontaba a O Val. Aínda que competiron moi ben en todo momento, non tiveron sorte nas areas. No último encontro, conseguiron un valioso empate contra o Eume, o cal non lles serviría para continuar na competición.

 

O Benxamin A, arrincaba a súa participación encadrado no grupo D, co Ortigueira, Eume e As Pontes, contando por vitorias os seus tres primeiros partidos e conseguindo a clasificación a oitavos de final como primeiros do grupo, cun balance de 14 goles a favor e tan só 1 en contra.

O Galicia de Mugardos B, era o primeiro chanzo nas eliminatorias que tiñan que superar os nosos benxamins , nun partido impecable non daban opcións aos mugardeses, impoñíanse por un 4 a 0 e plantábanse en cuartos de final con autoridade, onde esperaba o Perlio.

O cansanzo deixábase notar en todos os equipos despois de tantos partidos xogados, pero os pequenos do Freixo, impoñíanse ao Perlio, cun 3-1 que lles daba o paso a semifinais, oportunidade que non ían desaproveitar e, cun dos mellores partidos do torneo, conseguían desfacerse dos Benxamins das Pontes, cun contundente 5 a 1 e plantarse na Final.

Ás 19.10, daba comezo a Final do Torneo que nos enfrontaba ao Racing de Ferrol C . Nunha gran primeira parte, os de Narón íanse ao descanso con dous goles de vantaxe. Os pequenos da cidade departamental, saíron a tentar remontar o partido na segunda metade, pero xa estaba moi costa arriba. Ao final 3-2 e un novo título para as vitrinas do Narón O Freixo que supón o dobrete para os Benxamins A do noso clube.

Desde a directiva do Club, aproveitamos felicitar a todos e cada un dos membros dos equipos Benxamin A e B que participaron nesta edición do Torneo de Convivencia, polo seu esforzo, dedicación e gran tempada realizada, ter xogadores e equipos asi fannos traballar con mais ilusión se cabe cara a futuras campañas. Moitas Grazas, para nos todos e cada un de vos sodes uns Campions.

 

benjamina 

 

Xogadores (de esquerda a dereita): Hugo, Ivan, Gabri, Manu, Samu, Adri, Villar, Fonti, Hector, Keko, Raul, Borja e Bruno.

Adestradores: Cesar Fraga e Alberto Pérez

 

CADRO DE RESULTADOS

cuadro-resultados-benjamn