O BENXAMIN “A” DA S.D.C.R NARÓN O FREIXO CAMPION DE LIGA

O 23 de abril de 2016 xa se converteu nunha data histórica para a S.D.C.R Narón O Freixo. Foi onte cando por primeira vez, na curta historia do F-8 no noso club, gañamos unha competición oficial que se ven a xuntar as moitas xa ganadas antes no fútbol sa. O noso equipo do Benxamín “A” tivo a honra de cumprir este soño no segundo ano de andaina da nosa sección de F-8. Aínda faltan dúas xornadas por disputar pero xa son CAMPIONS do Grupo 1º da Liga MOVISTAR de Ferrolterra.

Unha fase final case perfecta, a día de hoxe so cederon un empate, colócaos con 8 puntos de avantaxe sobre o segundo clasificado o Galicia de Caranza, e de 14 ptos por riba do 3º o Racing de Ferrol “C”. o que din ben as claras o dominio que demostraron os nosos campións nos campos da bisbarra.

Mais de cen goles a favor e soio trece en contra nesta fase final fan do noso equipo o autentico dono das dúas areas. Os seus porteiros, Adrián e Samu son os Zamora do seu grupo, e o Pichichi non podía ser outro que Hugo Guizán que cunha cifra mareante de goles demostrou ser todo un killer da area, sen esquecernos que outros tres xogadores do Freixo KeKo, Bruno Gondar e Bruno Fonticoba atópanse tamén entre os dez máximos anotadores, pero eles so son seis dos nosos trece heroes que para sempre van a quedar na historia da S.D.C.R Narón O Freixo coma o noso primeiro equipo que gañou un titulo oficial en Fútbol 8, aquí tedes a aliñación completa, onde todos son artifices e pezas insustituibles neste logro, grazas a todos por deixarnos disfrutar do voso futbol.

 1

RODEIRO CARBALLIDO, SAMUEL

4

FONTICOBA PRIETO, BRUNO

9

VILLAR PICOS, ADRIAN

11

PRADOS FERNANDEZ, KEKO

13

CERNADAS VARELA ADRIAN

14

GUIZAN LOPEZ, HUGO

15

RICO MARTINEZ, HECTOR

16

GONDAR RODRIGUEZ, BRUNO

22

SALGUEIRO MAROÑO, BORJA

26

PEREZ PIÑON, IVAN

31

PRIMOY VILLAR, RAUL

34

VAZQUEZ IGLESIAS, GABRIEL

43

DIAZ LOPEZ, MANUEL

            

Pero todo esto non podía ser posible sen a labor do seu adestrador Cesar Fraga que xunto co seu segundo de abordo Alberto Pérez, souberon continuar e mellorar ,e de que xeito, o labor iniciado por Emilio Prados e Iván Salgueiro cando aínda era un equipo de biberóns e que continuaron ata a o verán pasado momento en que o deixaron nas mais que competentes mans de Cesar .Bo Traballo Míster.

Agora so podemos desexarlles que desfruten nas xornadas que aínda lles quedan de Liga e que despois cheguen a onde o seu xogo os leve na fase provincial e quen sabe ata onde poderan chegar.

Animo e a por todas.

 

benjamn_a_campeones_de_liga_15_16