Categoría: Campus Verano 2019

CAMPUS VERANO 2019 NARON FREIXO – LSA. COMENZAMOS

Onte deu comezo do CAMPUS VERÁN 2019 NARON FREIXO – LSA.

Un ano máis, apostamos por unha experiencia multidisciplinar na cal, ademais de fútbol, teremos clases de Inglés, así como numerosas actividades, entre as cales destacamos, Roteiro en Kaiak, Xogos na Praia, Olimpíadas nas que practicaremos Tiro con Arco, Piscina e práctica de varios deportes, como Voley, etc. Unha infinidade de actividades entre as que nos gardamos algunha que outra sorpresa que fará as delicias de todos os participantes.

Como a tempada pasada, contaremos coa presenza de dous adestradores chegados da escola do Swansea RHODRI MORGAN e ADAM MULLANY. Tamén contaremos coa presenza de ROGER NAVAS, enviado pola LSA, técnico de nivel 3 e especializado no adestramento de porteiros xa que nesta edición, temos preparada unha parte especial para os gardametas. Para completar esta terna, contaremos coa colaboración do noso adestrador de porteiros, DAVID FREIRE, así como do noso Director Deportivo Marco Dá Costa.

Completadas as prazas dispoñibles para a primeira semana, gustaríanos animarvos a gozar desta gran experiencia, co cal decidimos aumentar ao prazo de inscrición para a segunda semana, do 15 ao 19 de xullo. Non o dubides e apúntache, quedan poucas prazas dispoñibles. So tes, ata o venres 12 de xullo para apuntarte.

 

CUADRO ACTIVIDADES CAMPUS VERANO 2019

Xa temos o Cadro de Actividades do CAMPUS VERANO 2019 NARON FREIXO – LSA. Pinchando AQUÍ  pódese acceder o documento en PDF. 

 

PRIMEIRA SEMÁN

 

SEGUNDA SEMÁN

TECNIFICACIÓN

ACTIVIDADES DO CAMPUS VERANO 2019

A próxima semana, comeza o noso Campus Verán 2019, con moitas novidades. Unha vez máis, teremos sesións de tecnificación e English Class coa participación de adestradores da escola do Swansea e numerosas actividades, para que poidades gozar dunha experiencia única.

Durante a primeira semana, o luns día 8, ademais das sesións de tecnificación e competición de cada día, pola tarde, desprazarémonos á praia para gozar dunha tarde de xogos como voleyball e algunha sorpresa máis.

O martes día 9, teremos TORNEO DE PADEL e o mércores día 10 espéranos unha ACTIVIDADE SORPRESA que estamos seguros, será do agrado de todos os participantes neste CAMPUS 2019.

Para o xoves día 11, deixamos o paseo en Kaiack e o roteiro de sendeirismo.

O venres día 12, gozaremos da piscina e diversos deportes no pavillón municipal durante a mañá e pasaremos as actividades do propio campus á tarde, para concluír a semana cunha despedida no Estadio Municipal de Río Seco.

A segunda semana comezará o luns 15 de xullo, onde nos desprazaremos á praia para gozar de numerosos xogos como vollleyball ou tenis praia. O martes e mércores, 16 e 17 de xullo respectivamente, realizaremos unhas Olimpíadas de deporte, con numerosas probas de atletismo e tiro con arco. Para o xoves 18 de xullo, deixamos unha ACTIVIDADE SORPRESA, estamos seguros que, vai encantar a pequenos e non tan pequenos.
Deixamos para o venres 19 de xullo, a despedida no Estadio de Río Seco.

Todos os días, pararemos a repoñer forzas cun almorzo a media mañá e sobre as 13.30 horas, pararemos para comer. Teremos Tecnificación, Sesión de Campus con competicións, English Class e a último hora Feedback da sesión.

Esperamos e desexamos que todas estas actividades sexan do agrado de todos os participantes. Non esperes máis, APÚNTACHE XA!!!!

 

 

CAMPUS VERANO 2019. RUTA KAIACK

Pasiño a pasiño imos deixando as actividades que temos preparadas para o NOSO CAMPUS VERANO 2019. Xa que non todo vai ser fútbol, temos preparado unha ruta en KAIACK e Paseo a pe. Os deixamos o PDF con toda a información pinchando AQUÍ.

 

RUTA COMBINADA PRAIA DA MADALENA (CABANAS) – REDES

A actividade proposta ten por obxectivo principal dar a coñecer o enorme patrimonio natural e cultural da zona, ao tempo que se goza dunha completa actividade lúdico-deportiva nun marco único, fomentando tanto a práctica de exercicio como o respecto e coñecemento dos nosos valores biolóxicos e culturais, contribuíndo tanto á difusión da nosa cultura como da lingua galega.

Podemos nomear coma obxectivos:

  • O fomento do turismo mariñeiro
  • Fomento das actividades náuticas sostibles
  • A organización de eventos deportivos relacionados co medio mariño, co fin de difundir e promocionar o territorio
  • A recuperación e tamatización de roteiros do litoral e do patrimonio histórico, cultural, material e inmaterial relacionado co mar
Página 3 de 3
1 2 3