CAMPUS VERANO 2019 NARON FREIXO – LSA. COMENZAMOS

Onte deu comezo do CAMPUS VERÁN 2019 NARON FREIXO – LSA.

Un ano máis, apostamos por unha experiencia multidisciplinar na cal, ademais de fútbol, teremos clases de Inglés, así como numerosas actividades, entre as cales destacamos, Roteiro en Kaiak, Xogos na Praia, Olimpíadas nas que practicaremos Tiro con Arco, Piscina e práctica de varios deportes, como Voley, etc. Unha infinidade de actividades entre as que nos gardamos algunha que outra sorpresa que fará as delicias de todos os participantes.

Como a tempada pasada, contaremos coa presenza de dous adestradores chegados da escola do Swansea RHODRI MORGAN e ADAM MULLANY. Tamén contaremos coa presenza de ROGER NAVAS, enviado pola LSA, técnico de nivel 3 e especializado no adestramento de porteiros xa que nesta edición, temos preparada unha parte especial para os gardametas. Para completar esta terna, contaremos coa colaboración do noso adestrador de porteiros, DAVID FREIRE, así como do noso Director Deportivo Marco Dá Costa.

Completadas as prazas dispoñibles para a primeira semana, gustaríanos animarvos a gozar desta gran experiencia, co cal decidimos aumentar ao prazo de inscrición para a segunda semana, do 15 ao 19 de xullo. Non o dubides e apúntache, quedan poucas prazas dispoñibles. So tes, ata o venres 12 de xullo para apuntarte.