A próxima semana, comeza o noso Campus Verán 2019, con moitas novidades. Unha vez máis, teremos sesións de tecnificación e English Class coa participación de adestradores da escola do Swansea e numerosas actividades, para que poidades gozar dunha experiencia única.
Durante a primeira semana, o luns día 8, ademais das sesións de tecnificación e competición de cada día, pola tarde, desprazarémonos á praia para gozar dunha tarde de xogos como voleyball e algunha sorpresa máis.
O martes día 9, teremos TORNEO DE PADEL e o mércores día 10 espéranos unha ACTIVIDADE SORPRESA que estamos seguros, será do agrado de todos os participantes neste CAMPUS 2019.
Para o xoves día 11, deixamos o paseo en Kaiack e o roteiro de sendeirismo.
O venres día 12, gozaremos da piscina e diversos deportes no pavillón municipal durante a mañá e pasaremos as actividades do propio campus á tarde, para concluír a semana cunha despedida no Estadio Municipal de Río Seco.
A segunda semana comezará o luns 15 de xullo, onde nos desprazaremos á praia para gozar de numerosos xogos como vollleyball ou tenis praia. O martes e mércores, 16 e 17 de xullo respectivamente, realizaremos unhas Olimpíadas de deporte, con numerosas probas de atletismo e tiro con arco. Para o xoves 18 de xullo, deixamos unha ACTIVIDADE SORPRESA, estamos seguros que, vai encantar a pequenos e non tan pequenos.
Deixamos para o venres 19 de xullo, a despedida no Estadio de Río Seco.
Todos os días, pararemos a repoñer forzas cun almorzo a media mañá e sobre as 13.30 horas, pararemos para comer. Teremos Tecnificación, Sesión de Campus con competicións, English Class e a último hora Feedback da sesión.
Esperamos e desexamos que todas estas actividades sexan do agrado de todos os participantes. Non esperes máis, APÚNTACHE XA!!!!