Pasiño a pasiño imos deixando as actividades que temos preparadas para o NOSO CAMPUS VERANO 2019. Xa que non todo vai ser fútbol, temos preparado unha ruta en KAIACK e Paseo a pe. Os deixamos o PDF con toda a información pinchando AQUÍ.
RUTA COMBINADA PRAIA DA MADALENA (CABANAS) – REDES

A actividade proposta ten por obxectivo principal dar a coñecer o enorme patrimonio natural e cultural da zona, ao tempo que se goza dunha completa actividade lúdico-deportiva nun marco único, fomentando tanto a práctica de exercicio como o respecto e coñecemento dos nosos valores biolóxicos e culturais, contribuíndo tanto á difusión da nosa cultura como da lingua galega.
Podemos nomear coma obxectivos:
- O fomento do turismo mariñeiro
- Fomento das actividades náuticas sostibles
- A organización de eventos deportivos relacionados co medio mariño, co fin de difundir e promocionar o territorio
- A recuperación e tamatización de roteiros do litoral e do patrimonio histórico, cultural, material e inmaterial relacionado co mar
