
Gran actuación da selección de Ferrol de fútbol sala en categoría Benxamín no Campionato Galego de Seleccións, disputado en Mondoñedo. Aínda que non conseguiu meterse na Final, acabou o campionato invicta despois de empatar no primeiro partido con Lugo a dous goles. O segundo rival era a selección da Coruña, ante a que os xogadores departamentais conseguiron a vitoria por sete goles a dous. No terceiro partido contra Santiago, un empate a un, non era suficiente para clasificarse para a final e era a selección de Lugo a que accedía a ansiada final contra a selección de Vigo
, sendo finalmente a selección de Vigo a campiona do Torneo.
Felicitar a todos os xogadores participantes, en especial aos tres benxamines do NARÓN FREIXO que tiveron unha destacada actuación no Campionato.
PARABÉN
