CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS FUTBOL SALA. CATEGORIA BENXAMIN

Gran actuación da selección de Ferrol de fútbol sala en categoría Benxamín no Campionato Galego de Seleccións, disputado en Mondoñedo. Aínda que non conseguiu meterse na Final, acabou o campionato invicta despois de empatar no primeiro partido con Lugo a dous goles. O segundo rival era a selección da Coruña, ante a que os xogadores departamentais conseguiron a vitoria por sete goles a dous. No terceiro partido contra Santiago, un empate a un, non era suficiente para clasificarse para a final e era a selección de Lugo a que accedía a ansiada final contra a selección de Vigo, sendo finalmente a selección de Vigo a campiona do Torneo.

Felicitar a todos os xogadores participantes, en especial aos tres benxamines do NARÓN FREIXO que tiveron unha destacada actuación no Campionato.

PARABÉN