S.D.C.R NARON O FREIXO B – E.F. RACING DE FERROL D (PREBENXAMIN)
Estadio de Rio Seco, Sábado 14 de Novembro de 2015
Cómodo partido para os nosos prebenxamines que casi aseguran a sua participación no grupo dous, nunha mañán cunha temperatura ideal para a práctica do fútbol.
Moi ben posicionados no terreo de xogo, a ledicia chegaba os catro minutos de partido, cando Aaron, logra batir o porteiro visitante cun disparo cruzado.
O dominio era total e os nenos do Racing non conseguían saír do seu área e nos minutos oito e nove, eran Nico e Diego Amado, os que poñían o segundo e o terceiro gol no casilleiro local. Logo chegarían outros dous goles de Aaron, que firmaba o carto e quinto, para logar o seu particular hattrick, resultado co que se chegaba o final da primeira parte.
A segunda metade, comenzaba da mesma forma, con dominio local, adiantándose a todos os balóns e recuperando rápidamente na liña medular. Así, os dous minutos da reanudación, era Nico el que lograba o sexto para os locais.
Os defensas locais, casi non tiñan que intervir e cando o facían, recuperaban con solvencia o balón, tocando cara a medular, onde as acometidas los nenos do Freixo eran constantes e chegaban en oleadas. Así, acadaba Diego Otero o séptimo na conta do Freixo e nos seguintes minutos, serían os dous Ivanes, Otero e Casteleiro, os que conseguirían o oitavo e noveno nos minutos trinta e sete e corenta, respectivamente.
O partido estaba a piques de rematar, cando unha xogada pola banda esquerda do ataque local que remata con centro a área e o balón chega o segundo pao sen que a defensa do Racing sea quen de rexeitar, para que o aproveite Matias para empurrar a porta valeira e redondear a goleada. Non había tempo para máis e o colexiado asubía o remate do encontro.
ALINEACION O FREIXO. PREBENJAMIN B

