Aqui tedes a primeira parte do que foi a participacion dos nosos equipos nos torneos destes dias.
Categoría: Torneos
X TORNEO FUTBOL-8 C.D CARIÑO ALEVIN
Si o xoves e o dia en que o noso combinado Benxamin vai a Cariño o venres chegalle a hora de viaxar o Ortegal os nosos Alevins do A xunto con algunha incorporacion do B para reforzar algunha posicion. Teran que competir os nosos na fase de grupos contra o equipo anfitrion ademais de contra o Libunca e o Calasanz, non sera doado pero agardamos que acaden pasar a seguinte fase.
IV TORNEO VILA DE CALDAS DE REI
O sabado 26 o noso Benxamin A adestrado por Cesar, deplazarase a vila de Caldas de Rei a disputar a fase previa do seu torneo e de quedar entre os dous primeiros do grupo, xogaremos o domingo a fase final onde xa estan clasificados o R.C Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, Santiago C.F, Pabellon de Ourense, C.D. Lugo, Ourense C.F, Racing de Ferrol e Caldas C.F. Moita sorte a todos, e a disfrutar do que parece que vai a ser un fantastico torneo.
X TORNEO FUTBOL-8 C.D CARIÑO BENXAMIN
O xoves dia 24 un combinado dos nosos Benxamins B e C, disputaran o torneo de Futbol -8 que organiza o C.D. Cariño e que xa vai pola sua décima edición, o noso combinado tera que enfrontarse na primeira fase da competición a Racing San Pedro, S.D. O Val e a Escola de Futbol de Viveiro, duro grupo, agardamos que sexa cal sexa o resultado final os nosos nenos se divirtan na vila do Ortegal.
IV TORNEO DE FUTBOL 8 CONCELLO DE MUGARDOS
Este xoves dia 24 o noso equipo prebenxamín A cruzaran a ría para disputar en terras de Mugardos o IV Torneo de Futbol 8 Concello de Mugardos.Os nosos xogadores quedaron encadrados no grupo D onde teran que enfrontarse os seguintes equipos Racing de Ferrol, Rapido de Neda e Orillamar da Coruña, agardamos que o pasedes moi ben e que traiades o mellor dos recordos do Torneo da Real Vila de Mugardos.
