Categoría: Noticias

Toda la información actual

HOMENAXE A JORGE «NANO»

JORGE LÓPEZ MÉNDEZ, máis coñecido como Jorge “Nano”, empezou a súa carreira deportiva no Estrela con 11 anos en categoría infantil. Aos 16 anos, ficha polo Racing de Ferrol, disputando tres tempadas en categoría xuvenil en División de Honra, xogando o primeiro ano fase de ascenso a sub-19.

Con 16 anos, foi seleccionado para a concentración da pre-selección española, realizada en Madrid e forma parte da selección galega sub-16 que representa a España no Munidalito celebrado en Venezuela.

Realizando a pretemporada co primeiro equipo do Racing de Ferrol durante catro tempadas, é cedido ao Somozas para disputar dúas tempadas en categoría senior, unha vez finalizada a súa etapa xuvenil.

No ano 1.997, ficha polo Narón Balompé Piñeiros, en categoría senior (segunda rexional), conseguindo un ascenso a primeira rexional na primeira tempada e a preferente na segunda tempada.

Na tempada 99-2000 dá o salto a terceira división, fichando polo Viveiro.

Unha tempada despois, na 2000-2001 volve para o Narón Balompé Piñeiros, ata 2011-2012. O primeiro ano forma parte da plantilla que consegue o ascenso a Terceira división, onde xoga 9 tempadas na categoría, descendendo a preferente na tempada 2009-2010 e voltando a conseguir o ascenso a terceira na seguinte tempada, 2010-2011.

En 2011-2012 ficha en terceira división polo As Pontes, xogando 4 tempadas na categoría volvendo recalar no Viveiro durante a tempada 2016-2017 en Preferente.

Na tempada 2017-2018, ficha polo Mugardos en primeira rexional onde xoga as súas últimas dúas tempadas, ata a 2018-2019 na que forma parte do equipo que consegue o ascenso a Preferente, gañando Liga e Copa de Ferrol.

Un referente no fútbol de Ferrol Terra, con 31 tempadas ás súas costas, decide colgar as botas aos seus 42 anos, despois de toda unha vida dedicada a este deporte, onde chegou a formar parte da selección de Ferrol e selección Galega en todas as categorías de base.

A día de hoxe, continúa formando aos pequenos futbolistas que empezan a dar os seus pasos, na S.D. C. R. NARÓN O Freixo, onde leva xa 6 tempadas como adestrador de fútbol basee.

Desde a S.D.C.R. NARÓN O Freixo, esperamos e desexamos que o xoves día 8 de agosto, sexa un día inesquecible para un futbolista, adestrador, compañeiro e amigo, que deixou pegada no fútbol de Ferrol Terra durante máis de 30 anos e que estamos seguros que, seguirá ligado ao mundo do fútbol durante moitos anos máis, adestrando aos futbolistas que son o presente e o futuro do noso fútbol local e rexional.

Moitas grazas pola túa dedicación, constancia e traballo.

LIGA PROMISES FEMENINA

A xogadora infantil da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, foi convocada con R.C. DEPORTIVO para participar na Liga promises que vaise disputar os días 21, 22 e 23 de xuño.

 

Premio final dunha tempada na que conseguiu a Liga e Copa de Ferrol co equipo infantil e o ascenso a Liga Galega. Esperamos e desexamos que disfrutes da experiencia.

PARABENS CAMPIONA!!!!

 

ABERTA A INSCRICIÓN CAMPUS VERANO 2019

Comeza o prazo de inscrición para o noso CAMPUS VERÁN 2019 NARÓN FREIXO – LSA. Se cho perdiches o ano pasado, seguro que xa cho contaron, que non cho teñan que volver contar un ano máis. Ven a gozar do fútbol e das diversas actividades que vos ofrecemos.

Deixámosvos o formulario de inscrición picando AQUI. Podes elixir entre, pasar connosco unha semana (pódese elixir calquera das dúas, do 8 ao 12 ou do 15 ao 19) ou podes decidir pasar a quincena gozando do fútbol e de todas as actividades que estamos a preparar.

Para apuntarche, só tes que rellanar o noso formulario e envialo ao noso email: acompañado dunha fotografía tamaño carné, unha fotocopia do DNI e tarxeta sanitaria e o xustificante da transferencia (no formulario indicamos o número de conta bancaria).

Calquera dúbida que teñas, podes contactar con JUAN CARLOS, no teléfono 656 954 416

Non esperes máis, apúntache.

Página 8 de 101
1 4 5 6 7 8 9 10 11 12 101