Categoría: Noticias

Toda la información actual

PORTADA IV TORNEO FUTBOL FREIXO

 

PORTADA IV TORNEO FUTBOL FREIXO

 

Seguimos traballando para que o fin de semana do 9 e 10 de setembro estea todo preparado. Deixámosvos un adianto de, en breve, poñerémosvos os equipos participantes en cada categoría.

COMENZAMOS LA PRETEMPORADA

 

COMENZO DA PRETEMPORADA

 

A S.D.C.R. Narón Freixo, comeza a preparar a tempada 2017/2018; despois dun mes de vacacións, os xuvenís empezan os adestramentos no día de hoxe, ás 20:00 horas. Nuns días, iranse incorporando as demais categorías para empezar a preparar unha tempada na que teremos novidades e que esperamos, un ano máis, con moita ilusión.

Aproveitamos, para desexar un bo verán a toda la familia de Freixo.

CAMBIO FECHA IV TORNEO FUTBOL NARON FREIXO

 

 

CAMBIO FECHA IV TORNEO FUTBOL NARÓN FREIXO

 

 

O IV Torneo de Futbol-8 Narón Freixo cambia de data.

Por causas alleas á nosa vontade, vémonos obrigados a adiantar unha semana o Torneo de Fútbol-8 que celebraremos en setembro, ao fin de semana do 9 e 10. Co cal, os partidos de categoría Alevín, disputaranse o sábado día 9 de setembro e os partidos de categoría Benxamín, o domingo 10 de setembro.

Rogamos desculpen as molestias.

FECHA IV TORNEO FUTBOL NARON FREIXO

 

FECHA IV TORNEO FUTBOL NARÓN FREIXO

 

Unha vez botado o telón á tempada 2016/2017 é hora de cambiar o verde de Río Seco pola area da praia durante un par de meses.

Con todo, a finais de Agosto, estaremos de volta para comezar unha nova tempada de fútbol e, para nós, o inicio da tempada, a 2017/2018 márcao a celebración do Torneo de futbol ALEVIN E BENJAMIN NARÓN FREIXO.

Este ano, na cuarta edición, demos un pasito máis e abrimos fronteiras. Despois do gran traballo realizado nas tres edicións anteriores, onde nos consolidamos como un dos Torneos máis prestixiosos do mundo do futbol base, damos un saltito máis e, estamos a preparar un Torneo internacional.

A data elixida para a celebración do IV TORNEO DE FUTBOL NARÓN FREIXO, será o fin de semana do 16 e 17 de setembro, onde o sábado disputaranse os partidos de categoría Alevín e o domingo, terá lugar a categoría Benjamín.

Esperamos e desexamos que poidades gozar dunhas merecidas vacacións.
 

Página 41 de 101
1 37 38 39 40 41 42 43 44 45 101