RESULTADOS TERCEIRA XORNADA DE LIGA. FUTSAL 2017/2018

Toda la información actual
RESULTADOS TERCEIRA XORNADA DE LIGA. FUTSAL 2017/2018

RESULTADOS SEGUNDA XORNADA DE LIGA. FUTSAL 2017/2018

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS SUB -15
Onte, celebrouse en Cambados o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub-15 en categoría masculina e femenina e a nosa xogadora infantil, LAURA TESTA ROCA, participou coa selección de Ferrol.
A selección departamental, conseguía impoñerse ao combinado de Lugo, por un tanto a cero no primeiro partido disputado pola mañá, aínda que non tería a mesma sorte no encontro que lles enfrontaba á selección da Coruña, que se saldaba cun catro a dous para as Coruñesas.
Parabén, Laura, esperamos e desexamos que gozases da experiencia que supón xogar un campionato deste nivel.

ADESTRAMENTOS SELECCIÓN DE FERROL
A selección de Ferrol, comenzou os adestramentos nas diferentes categorías e temos que dar a Noraboa as rapazas e rapaces do noso clube que foron chamados a participar nas sesións de adestramento. É un premio o esforzo e traballo realizado, desexamos que disfrutedes da esperiencia.
Na categoría FEMENINA SUB – 15 LAURA TESTA ROCA.
Na categoría FEMENINA SUB – 12 MARIA DÍAZ FUNCASTA, CANDELA GOMEZ SEOANE e OLIVIA SAAVEDRA BARBEIRO.
Na categoría MASCULINA SUB – 12. SERGIO PRADOS FERNANDEZ e BRUNO GONDAR RODRIGUEZ.
Conferencia del psicopedagogo Enric Barri para el Naron Freixo

O vindeiro sábado, día 16 de setembro ás 17:30 horas no local da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, sito en Rúa Vespasante, número 17 de Narón (á beira de Correos), Enric Barri Vilardell, fundador de Learning Soccer Academy impartirá unha conferencia dirixida a todos os estamentos da SDCR Narón Freixo. Directiva, adestradores, colaboradores, pais, familiares e simpatizantes da entidade poderán asistir a unha charla na que Enric disertará sobre os aspectos máis destacables dos comportamentos, actitudes e enfoques psicopedagógicos dentro do fútbol basee.
Psicopedagogo, Mestre Educación Física, Ex coordinador da escola FC Barcelona en Lleida, adestrador UEFA Pro e na actualidade membro do equipo de investigación da Universidade de Tarragona Rovira e Vigil, Enric visita por segunda vez a comarca de Ferrolterra tras participar con enorme éxito na II MASTERCLASS de fútbol baseque organiza muchacalidad.com
A súa presenza enmárcase dentro das actividades que o Narón Freixo vén desenvolvendo ao redor da promoción dentro do fútbol base, especialmente orientadas á formación tanto deportiva como persoal de todos os estamentos da entidade desde os propios directivos, adestradores e xogadores de todas as categorías, englobadas nunha idea na que a formación dos novas futbolistas prima como elemento fundamental.
