CAMPIONATO GALEGO SELECCIONS COMARCAIS

 

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS SUB -15

 

Onte, celebrouse en Cambados o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub-15 en categoría masculina e femenina e a nosa xogadora infantil, LAURA TESTA ROCA, participou coa selección de Ferrol.
A selección departamental, conseguía impoñerse ao combinado de Lugo, por un tanto a cero no primeiro partido disputado pola mañá, aínda que non tería a mesma sorte no encontro que lles enfrontaba á selección da Coruña, que se saldaba cun catro a dous para as Coruñesas.
Parabén, Laura, esperamos e desexamos que gozases da experiencia que supón xogar un campionato deste nivel.