Categoría: Noticias

Toda la información actual

FELIZ VERANO 2018

O pasado venres, despedimos a tempada 2017/2018 e desde a  SDCR NARÓN O FREIXO, queremos dar as grazas a todas as persoas que, tempada tras tempada, fan posible que este pequeno club funcione e siga crecendo cada ano.

En primeiro lugar, felicitar aos nenos e nenas da escola polo seu compromiso e dedicación, tamén aos adestradores e monitores, así como aos delegados que coidan dos pequenos e non tan pequenos. Aos pais e nais por confiar en nós unha vez máis, aos coordinadores e membros da Xunta directiva, así como ás súas familias porque sen o seu apoio non sería posible que dedicasen tantas horas ao traballo que necesita un club tan pequeno.

A todos, desexámoslles un bo verán e seguiremos traballando para que, a finais de agosto, primeiros de setembro, unha vez máis, todo estea preparado para dar a benvida a unha nova tempada.

GRAZAS E FELIZ VERÁN.

Todos os que desexen entregar a inscrición para a tempada que vén, poden facelo, poñéndose en contacto con calquera das seguintes persoas:

 

                JUAN CARLOS       +34 656 95 44 16

                RAFA                      +34 606 69 52 53

                CARLOS                 +34 679 40 97 07

TORNEO FUTBOL-11 AMISTADE DE MEIRAS. INFANTIL A

O noso equipo infantil A participou o pasado 16/06/2018 no torneo  Amistade de Meirás 2018; quedamos encadrados no grupo 1 xunto ao Ánimas, Ural  B, Calasanz,  AT. Vos Castros e Portuarios  B.

Empezabamos cedo  a nosa participación debido a que ás 9:00 da mañá  jugabamos contra o Ánimas e  aos 4 minutos un tiro desde fóra da área cóase pola escuadra da portería rival e poñía o 1-0 no marcador; a partir de aí partido intenso e igualado onde no último minuto, nun saque de esquina do Ánimas tentamos despexar con tal mala sorte que o balón acaba aloxado na nosa portería. Non  habia tempo para máis acabando este  primner partido con empate a un gol .

Comezamos o segundo partido  conntra o Ural  B e pódese resumir cun partido intenso onde os 2 equipos marcáronse moi de preto con escasas chegadas á área rival, acabando o mesmo con empate a cero goles.

Terceiro partido contra o Calasanz e do mesmo xeito que o anterior , intensidade no  xogo por parte dos 2 equipos e nunha xogada en principio sen transcendencia, grazas á insistencia dos nosos roubamos á defensa rival e conseguimos marcar o 1-0 que ao cabo sería o resultado final deste partido.

Afrontamos os dous últimos partidos desta fase de grupos, coñecendo que necesitamos 2 vitorias se queremos meternos en semifinais; así as cousas debemos destacar a determinación do equipo, debido a que saímos no carto partido contra o  AT. os Castros a por a vitoria desde o minuto 1, demostrando un bo xogo e superioridade sobre o rival, terminando este partido cun 4-0 ao noso favor.

Colocámonos no quinto partido contra o Portuarios  B, sabendo que necesitamos a vitoria e que se se consegue por 3 ou máis goles metémonos en semifinais como primeiros do noso grupo; novamente débese destacar a determinación do equipo debido a que tras uns primeiros minutos de tanteo,  rapidamente o noso equipo puxo as cousas en  franquía  sendo o resultado final de 5-0 ao noso favor.

Chegamos a semifinais e o cruzamento emparéllanos contra o Portuarios A; do mesmo xeito que os choques anteriores, partido intenso e moi igualado con algunha oportunidade e aproximación ás áreas rivais, destacando no derradeiro suspiro unha acción afortunada do noso gardameta onde cunha  gran estirada, evita que o balón se coe na nosa portería nun saque de falta.

Así as cousas chegamos á sorte dos penaltis para decidir o pase á final, onde  caimos por 6 goles a 5, terminando así a nosa  partiipación no torneo.

Gran torneo o realizado polo noso equipo, onde sen perder ningún partido quedáronse fóra dunha final unicamente pola sorte dos lanzamentos desde o punto de penalti, destacando o nivel dos rivais que lles toco  enfrentar, algúns deles con xogadores de liga galega de base.

 

Parabén e  aúpa FREIXO

VII GALA DE FUTBOL FERROLTERRA – PREMIOS VOLTAARIA

Unha tempada máis que chega ao seu fin e é hora de facer balance do traballo realizado, recoller os froitos e gozar do recoñecemento. O pasado venres, tivo lugar a Gala do fútbol de Ferrol e Comarca no Auditorio de Narón. A SDCR NARÓN O FREIXO, subiu en varias ocasións ao escenario para recibir os premios ao traballo realizado nos últimos nove meses.
En primeiro lugar, o recoñecemento a MARCOS OTERO, como mellor adestrador do grupo 4 na categoría de xuvenís. Gran tempada a realizada polo noso técnico que, ademais deste merecidísimo galardón, conseguiu o título de Liga e Copa en categoría alevín e alcanzaron as semifinais do provincial na devandita categoría.

También subieron a recoller o premio de campions de Liga, o equipo Alevín A da SDCR NARÓN O FREIXO.

En categoría feminina, OLVIA SAAVEDRA BARBEIRO (OLI), foi premiada pola sua participación coa selección Galega sub-12 no campionato de España. 
Por último, pero non menos importante, os xogadores do equipo xuvenil da SDCR NARÓN Ou FREIXO, recibiron o premio á deportividade, estando nominado ao mellor xogador xuvenil do grupo 4, MARIO VILLAAMIL VAZQUEZ.

PARABÉN aos premiados.

 

SERGIO PRADOS INVITADO A ADESTRAR CO DEPORTIVO

O R.C. Deportivo da Coruña, convidou a participar nos adestramentos de final de tempada ao noso Alevín Sergio Prados Fernández. Despois de conseguir a liga e a Copa na súa categoría, e xogar a semifinais do Campeonato Provincial, a gran tempada de Keko, non pasou desapercibida na Coruña. 

Parabén, esperamos e desexamos que goces da experiencia.

III TORNEO VILLA DE AVILES. BENXAMIN B

Este fin de semana, os leóns subiron ao bus para desprazarse a Asturias para xogar o III Torneo Vila de  Aviles.

 

Pero non todo é fútbol, se o deporte é importante, a educación e a cultura, o son máis, así que, tocaba dar un repaso aos libros. Pero nun fin de semana tan longo, hai tempo para todo.

Chegada a  Aviles, primeiro partido e presentación de equipos. Un partido máis e a repoñer forzas na comida.

Pola tarde, máis partidos e a afección, a mellor do Torneo sen dúbida,  sempre animando e apoiando aos leóns.

Nun Torneo fóra de casa, o mellor é a convivencia do equipo, e esta vez, tocaba durmir todos xuntos. Unha experiencia inesquecible para os pequenos e unha noite moi longa, onde non pode faltar a guerra de almofadas.

 

O domingo, dous partidos máis pola mañá e tempo para todo. Grazas a Santi  Cazorla pola  disponbilidad e amabilidade coa que atendeu aos nenos que se achegaban para sacar unha foto con el. UN  CRACK dentro e fora dos terreos de xogo.

Rematado o Torneo, un balance moi positivo. Experiencia inesquecible, tanto para os máis pequenos como para as súas familias que gozaron dun fin de semana espectacular en terras Asturianas.

 

A viaxe de volta fíxose duro, ata  Dybala estaba esgotado.

AUPA FREIXO!!!

Página 23 de 101
1 19 20 21 22 23 24 25 26 27 101