Categoría: Noticias

Toda la información actual

XORNADAS ENTRENAMIENTO ESPECIFICO. R.C. DEPORTIVO A CORUÑA

O Real Club Deportivo da Coruña,  S.A.D, entre as súas actividades de promoción e fomento do fútbol base galego, comprácese en convidar os xogadores da  S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, de categoría  PRE- BENXAMIN:

MARTIN  MEIZOSO GONZALEZ

RUBEN SALGUEIRO MAROÑO

DAVID  VILASUSO DIAZ

As xornadas terán lugar o xoves, 14 de febreiro de 2019 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Desde a  S.D.C. R.  NARON O FREIXO, damos o parabén a estes pequenos futbolistas, así como esperamos e desexamos que gocen desta xornada.

ADESTRAMENTO SELECCIÓN FERROL SUB 12 MASCULINA E FEMENINA

Mañá martes, día 4 de decembro, ás 19.00 horas na Gándara, terá lugar o último adestramento das seleccións de Ferrol, Masculina e Feminina, antes do Campionato de Seleccións Comarcais que se celebrará o xoves, día 6 de decembro.

Para o devandito adestramento, están convocados en categoría masculina, os Alevíns da S.D. C. R. NARÓN O FREIXO:

                                              DIEGO LÓPEZ MORAIS                 RUBÉN PIÑÓN SANZ                  JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

E, en categoría feminina:

                                                                                                     CANDELA GÓMEZ SEOANE

NORABOA!!!

ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA SUB-15 FEMENINA

Mañá martes, a Selección Galega sub-15 femenina adestrará no Campo Municipal de Santa Isabel (Santiago) e o xoves, 6 de decembro, disputará un partido contra ESTEIRANA (cadete) no campo Xosé Luis Vara (Esteiro).

Despois de recibir o premio a mellor doportista de base na XXX Gala do Deporte de Narón, a xogadora infantil da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, LAURA TESTA ROCA foi convocada coa Selección Galega Sub-15 para o adestramento e o partido. NORABOA!!

 

MELLOR DEPORTISTA DE BASE CONCELLO DE NARON

O pasado venres, celebrouse o o Auditorio de Narón, a XXX Gala do Deporte, na cal, entréganse os premios de toda a tempada aos mellores deportistas do Concello.

A xogadora infantil dá S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, LAURA TESTA ROCA, recibiu o premio á Mellor Deportista de Base do Concello de Narón, premio ao traballo de toda unha tempada.

PARABÉN LAURA!!!!!

 

Nominados na gala XXX do deporte de Narón.

 

Desde hai 25 anos, o día 23 de Novembro celébrase o Día de Narón. Entre as variadas propostas da festividade local atópase a celebración da XXX Gala do Deporte da localidade.
Este venres, a partir das 21:00 horas, no Pazo da Cultura entréganse os premios aos deportistas máis destacados do municipio.

Comprácenos comunicarvos que entre os nomeados, atópanse 6 xogadores da Sociedade Deportiva Cultural Recreativa O Freixo.

Fútbol 

Olivia Saavedra Barbero, Laura Testa Roca,  Bruno Gondar Rodríguez,  Sergio Prados Fernández (Keko). 

Fútbol Sala

Mateo Pita Pita y Carlos González López.

¡Noraboa e sorte para tod@s!

Página 18 de 101
1 14 15 16 17 18 19 20 21 22 101