Nominados na gala XXX do deporte de Narón.

 

Desde hai 25 anos, o día 23 de Novembro celébrase o Día de Narón. Entre as variadas propostas da festividade local atópase a celebración da XXX Gala do Deporte da localidade.
Este venres, a partir das 21:00 horas, no Pazo da Cultura entréganse os premios aos deportistas máis destacados do municipio.

Comprácenos comunicarvos que entre os nomeados, atópanse 6 xogadores da Sociedade Deportiva Cultural Recreativa O Freixo.

Fútbol 

Olivia Saavedra Barbero, Laura Testa Roca,  Bruno Gondar Rodríguez,  Sergio Prados Fernández (Keko). 

Fútbol Sala

Mateo Pita Pita y Carlos González López.

¡Noraboa e sorte para tod@s!