Categoría: Noticias

Toda la información actual

O Prebenxamín A xógase a liga

Hoxe ás 19.00 horas no Estadio de Rio Seco, o Pre- Benjamin A de a S.D. C. R NARON FREIXO xoga contra o Galicia de Caranza. Están a un punto de conseguir o Campionato de Liga. Esperámosvos no estadio para animar aos pequenos da nosa gran familia. Grazas. Imos Freixo!!!

Un punto é o que separa aos prebenxamins da consecución do título de Liga a falta de 3 xornadas, nunha marabillosa tempada na que só cederon un empate, sendo os máximos goleadores,  e o equipo con menos goles encaixados. Estupenda tempada dos nenos de Nano e Emilio que, co noso apoio, poderían proclamarse hoxe campións de liga.

¡Ánimo mozos !

8ª XORNADA LIGA LUIS CALVO 2018-2019

Hoxe, no Estadio Municipal de Río Seco, a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO recibe o C.D. LUGO na oitava xornada da Liga Luis Calvo. 

Os esperamos para animar os alevíns no partido de hoxe. Vamos FREIXO!!!!!

I GALA DO DEPORTE CONCELLO DE VALDOVIÑO

O pasado venres, celebrouse a I Gala do Deporte do Concello de Valdoviño e a xogadora infantil da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO LAURA TESTA ROCA, foi Galardoada co premio a mellor Deportista do Concello de Valdoviño, na modalidade de Fútbol.

Noraboa LAURA, a seguir entreando e traballando, esperamos e desexamos que veñan moitos máis galardons.

PARABENS

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓN FÚTBOL SALA. INFANTIL MASCULINO E ALEVIN FEMININO

Quedaban para o luns, catro de marzo, as seleccións infantil masculino e alevín feminino. Os primeiros, na localidade de A Pontenova e as rapazas, na localidade de TRABADA.

No primeiro partido, as rapazas da categoría Alevín feminino, tiñan diante as anfitrionas e á postre, as campionas da categoría que conseguían a victoria por un gol a cero frente as departamentais. No seguinte partido, as ferrolanas non podían superar as Pontevedrasas e perdían por seis goles a dous, quedando sin opción de pasar a fase de grupos.

Mentres tanto, na localidade de A Pontenova, os infantis da selección de Ferrol, perdían contra os locais por catro goles a cero no seu primer partido, unha derrota que, complicaba moito o pase a final. Os departamentais, conseguían repoñerse e nos seguintes partidos, lograban a victoria fronte as seleccións de Ourense, por cinco goles a un e A Costa por sete tantos a un, pero Lugo tamén conseguía a victoria e lograba o pase a final.

Esperamos e desexamos que todos os rapaces e rapazas disfrutasen da experiencia e aproveitamos para enviar a nosa máis sincera noraboa en especial para os xogadores da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, DAVID PARDO LÓPEZ (Infantil) e VALERIA MONTERO GARCIA (Alevín).

PARABENS

Página 14 de 101
1 10 11 12 13 14 15 16 17 18 101