CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓN FÚTBOL SALA. INFANTIL MASCULINO E ALEVIN FEMININO

Quedaban para o luns, catro de marzo, as seleccións infantil masculino e alevín feminino. Os primeiros, na localidade de A Pontenova e as rapazas, na localidade de TRABADA.

No primeiro partido, as rapazas da categoría Alevín feminino, tiñan diante as anfitrionas e á postre, as campionas da categoría que conseguían a victoria por un gol a cero frente as departamentais. No seguinte partido, as ferrolanas non podían superar as Pontevedrasas e perdían por seis goles a dous, quedando sin opción de pasar a fase de grupos.

Mentres tanto, na localidade de A Pontenova, os infantis da selección de Ferrol, perdían contra os locais por catro goles a cero no seu primer partido, unha derrota que, complicaba moito o pase a final. Os departamentais, conseguían repoñerse e nos seguintes partidos, lograban a victoria fronte as seleccións de Ourense, por cinco goles a un e A Costa por sete tantos a un, pero Lugo tamén conseguía a victoria e lograba o pase a final.

Esperamos e desexamos que todos os rapaces e rapazas disfrutasen da experiencia e aproveitamos para enviar a nosa máis sincera noraboa en especial para os xogadores da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, DAVID PARDO LÓPEZ (Infantil) e VALERIA MONTERO GARCIA (Alevín).

PARABENS