Categoría: Campus Verano 2018
I CAMPUS VERANO 2018. NARON FREIXO – LSA. LUNES 9 DE XULLO
Comezou o I CAMPUS VERÁN 2018. NARÓN FREIXO – LSA. Esperamos e desexamos que os participantes gocen desta primeira experiencia multidisciplinar.
ARRINCAMOS
I CAMPUS VERANO 2018. IMPORTANTE
O luns día 9 de xullo, comeza o I CAMPUS VERÁN 2018 NARÓN FREIXO – LSA.
Os participantes, deberán de traer BOTAS DE FÚTBOL e unha mochila cunhas chanclas e unhas deportivas, para maior comodidade e que non teñan que estar coas botas todo o día.
Terán acceso aos vestiarios, co cal, nunha mochila poden traer todo o necesario para ducharse, así como roupa para cambiarse.
O primeiro día, faráselles entrega dun equipamento completo, unha gorra e unha bolsa do noso CAMPUS.
Moitas grazas pola gran acollida, vémonos o luns ás 09.00 horas.
I CAMPUS VERANO 2018. IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA
O Venres, 13 de xullo, contaremos coa presenza no noso I CAMPUS VERÁN NARÓN FREIXO – LSA, de IGNACIO IGLESIAS VILLANUEVA, árbitro de PRIMEIRA DIVISIÓN.
O colexiado de Pontedeume, que debutou en primeira división o 13 de setembro de 2010 nun encontro entre a U.D. Almería e a R. Sociedade, impartirá unha charla cos asistentes ao CAMPUS.

Desde a nosa pequena escola de fútbol, é un pracer ter a un colexiado en activo, que leva oito tempadas na máxima competición española e queremos agradecer a súa presenza no noso I CAMPUS VERÁN e aproveitamos estas liñas para AGRADECER a súa colaboración en todo momento con nos.
I CAMPUS VERANO 2018. ADESTRADORES
Continuamos, pasiño a pasiño mostrando o que vai a ser o noso I CAMPUS VERÁN 2018. NARON FREIXO – LSA, neste caso, deixámosvos a presentación dos adestradores.
DANI TORRIJOS IBARZ » TORRI». Adestrador de Nivel III – UEFA PRO. Deu os seus primeiro pasos como adestrador en categoría Pre – Banxamín no ano 2007 e desde entón, adestrou equipos cadetes e xuvenís, así como equipos de primeira rexional Aragonesa. Na actualidade, é o primeiro adestrador do Xuvenil B preferente Catalá, Grupo 3, Lleida Esportiu.
SERGI BERANUS TOSQUELLA. Adestrador de Nivel III – UEFA PRO. Entre 2009 e 2014, adestrador da Escola de fútbol Cervera en categorías Cadete, Alevín e Benxamín, pasando a adestrar de 2014 a 2016 o Xuvenil de primeira división do CE Cervera. Na actualidade, dirixe ao CF VALLFOGONA DE BALAGUER, na Segunda división Catalá.
CURTIS GRANT. Adestrador con licenza UEFA B e C. Licenciado pola Universidade de Cardiff en SPORTS AND PHYSICAL EDUCATION. Coordinador do Swansea, responsable de promover, administrar e organizar toda a escola primaria dentro do condado de Neath Port Talbot, así como responsable de campamentos de verán.
JACK MIDWINTER. SWANSEA CITY AFC. Xerente do Centro de Desenvolvemento, coach principal da fase previa á Academia. É o adestrador asistente da fase de fundación, responsable da práctica en liña coa filosofía de adestramento e xogo da Academia. Entregar sesións para satisfacer as necesidades grupais e individuais. Adestrador de Mulleres na primeira Liga Welsh Premier Women’ s Footall League encargada de crear unha nova cultura de equipo e ambiente profesional mentres implementa unha nova Filosofía de Xogo.
ELOY BELLO GOMEZ. Arbitro de fútbol sala de la FGF e Adestrador en fútbol sala en categorías de base e profesor de ingles e traductor.
Así mesmo, contaremos cos seguintes adestradores da SDCR NARÓN O FREIXO:
MARCOS OTERO, director deportivo da escola do NARÓN FREIXO, MARCO AURELIO COSTA, adestrador do equipo infantil do NARÓN FREIXO, DAVID BELLO adestrador do equipo Alevin do FREIXO. RUBEN RODRIGUEZ, adestrará a vindeira tempada o equipo xuvenil do NARON FREIXO e DAVID FREIRE, adestrador de porteiros da nosa escola.
Todos eles, formarán o mellor equipo humano para que o I CAMPUS VERANO 2018 NARÓN FREIXO – LSA sexa do agrado dos rapaces e rapazas.
Moitas grazas a todos eles, e a vos por confiar unha vez máis no noso clube.












