Categoría: Campus Verano 2018

I CAMPUS VERANO 2018. RUTA EN KAIAK

En primeiro lugar, queremos agradecer a gran acollida que está a ter o noso CAMPUS VERÁN 2018. Aos poucos, a través da nosa páxina web, iremos poñendo as actividades, tanto culturais como deportivas que temos previsto realizar entre o 9 e o 14 de xullo.

RUTA EN KAIAK

Ruta en Kaiak polo Río Eume. A empresa CABANASKDM OCIO ACTIVO, levaranos polo Río Eume, un descenso en contacto coa natureza, en embarcacións autovaciables e insumergibles, para as cales non é necesario ningunha experiencia. Todos os participantes estarán equipados con chaleco salvavidas e medios de seguridade necesarios para garantir unha experiencia segura, supervisada en todo momento polos monitores e co apoio dunha embarcación de motor. Ademais, os pequenos que non desexen realizar o descenso, realizarán diversos xogos cos monitores na beira do río Eume.

 

 

CAMPUS LSA LETONIA

Mais de cen nenos no campus de LSA celebrado en Riga, Letonia fai quince días. Enric Barri e Fede Bessone, ambos na foto, tamén estarán connosco no noso CAMPUS de Verán 2018, ademais de moitas máis sorpresas e actividades culturais e deportivas que estamos a preparar. Será unha gran experiencia.

Reserva a túa Praza!

 

CAMPUS NARON O FREIXO VERANO 2018

A SDCR NARÓN O FREIXO, xunto con LSA presentan un completo CAMPUS para esté verán 2018. Non te perdas do 9 ao 14 de Xullo unha experiencia multidisciplinar que engloba dende o fútbol a visitas culturais, outras actividades deportivas e xornadas con profesionais do fútbol inglés.

Esta semana, subiremos o formulario de inscrición á nosa web, así como máis información sobre as actividades deportivas e culturais. Non fagas plans do 9 ao 14 de xullo, non te podes perder esta experiencia.

Page 4 of 4
1 2 3 4