Tres días de competición, emoción e momentos de diversión foi o que deixou esta XII edición do Torneo de Futsal Cidade de Narón organizada pola nosa sociedade.
A competición comezou o venres coa disputa da fase de grupos da categoría Alevín onde o noso equipo clasificouse para as semifinais xunto con Futsal Narón, Cidade de Narón e Canido B . Para finalizar esta primeira xornada disputáronse dous partidos fora de competición o primeiro entre pais e adestradores e o segundo entre dous equipos de nais, dous emocionantes encontros que deixaron ben as de onde lles ven a afección os nosos nenos, e que mais dun e dunha vai a ter maniotas ata o mércores.
O sábado tivemos xornada intensa de competición, foron 12 horas, nas que se disputaron as fases de grupos de benxamíns e prebenxamíns despois das cales quedaron clasificados para as semifinais en categoría Benxamín os seguintes equipos Esteiro, Narón Freixo, Narón Freixo “B” e Futsal Narón e en categoría prebenxamín Naron Freixo “A”, Cidade de Naron, Canido e Futsal Narón.
Tivemos que esperar o domingo pola maña para ver o comezo da competicion dos Biberóns e o medio dia xa estaban decididos os equipos que pasaba as semifinais que foron Naron Freixo, A Solaina, Esteiro e Sta Marina.
Desde o mediodia celebraronse as semifinais e finais que tiveron estos resultados.
| 
 CATEGORIA  | 
 SEMIFINAIS  | 
 RESULTADO  | 
 
  | 
| 
 ALEVINS  | 
 Futsal Naron- Cidade Naron  | 
 1-2  | 
 
  | 
| 
 Canido B – Naron Freixo  | 
 2-2  | 
 Clasificado Canido B na tanda de penalties  | 
|
| 
 BENXAMINS  | 
 Esteiro – Naron Freixo  | 
 2-3  | 
 
  | 
| 
 Naron Freixo B – Futsal Naron  | 
 5-4  | 
 
  | 
|
| 
 PREBENXAMINS  | 
 Naron Freixo A – Cidade Naron  | 
 6-0  | 
 
  | 
| 
 Canido – Narón Futsal  | 
 4-2  | 
 
  | 
|
| 
 BIBERONS  | 
 Naron Freixo – Esteiro  | 
 4-0  | 
 
  | 
| 
 A Solaina – Sta Marina  | 
 2-0  | 
 
  | 
|
| 
 
  | 
 FINAIS  | 
 
  | 
 
  | 
| 
 ALEVIN  | 
 Cidade de Naron – Canido B  | 
 7-0  | 
 
  | 
| 
 BENXAMIN  | 
 Narón Freixo–Naron Freixo B  | 
 0-3  | 
 
  | 
| 
 PREBENXAMIN  | 
 Naron Freixo A – Canido  | 
 3-0  | 
 
  | 
| 
 BIBERON  | 
 Naron Freixo- A Solaina  | 
 1-4  | 
 
  | 
TABLA COMPLETA DE RESULTADOS
