Tres días de competición, emoción e momentos de diversión foi o que deixou esta XII edición do Torneo de Futsal Cidade de Narón organizada pola nosa sociedade.
A competición comezou o venres coa disputa da fase de grupos da categoría Alevín onde o noso equipo clasificouse para as semifinais xunto con Futsal Narón, Cidade de Narón e Canido B . Para finalizar esta primeira xornada disputáronse dous partidos fora de competición o primeiro entre pais e adestradores e o segundo entre dous equipos de nais, dous emocionantes encontros que deixaron ben as de onde lles ven a afección os nosos nenos, e que mais dun e dunha vai a ter maniotas ata o mércores.
O sábado tivemos xornada intensa de competición, foron 12 horas, nas que se disputaron as fases de grupos de benxamíns e prebenxamíns despois das cales quedaron clasificados para as semifinais en categoría Benxamín os seguintes equipos Esteiro, Narón Freixo, Narón Freixo “B” e Futsal Narón e en categoría prebenxamín Naron Freixo “A”, Cidade de Naron, Canido e Futsal Narón.
Tivemos que esperar o domingo pola maña para ver o comezo da competicion dos Biberóns e o medio dia xa estaban decididos os equipos que pasaba as semifinais que foron Naron Freixo, A Solaina, Esteiro e Sta Marina.
Desde o mediodia celebraronse as semifinais e finais que tiveron estos resultados.
CATEGORIA |
SEMIFINAIS |
RESULTADO |
|
ALEVINS |
Futsal Naron- Cidade Naron |
1-2 |
|
Canido B – Naron Freixo |
2-2 |
Clasificado Canido B na tanda de penalties |
|
BENXAMINS |
Esteiro – Naron Freixo |
2-3 |
|
Naron Freixo B – Futsal Naron |
5-4 |
|
|
PREBENXAMINS |
Naron Freixo A – Cidade Naron |
6-0 |
|
Canido – Narón Futsal |
4-2 |
|
|
BIBERONS |
Naron Freixo – Esteiro |
4-0 |
|
A Solaina – Sta Marina |
2-0 |
|
|
|
FINAIS |
|
|
ALEVIN |
Cidade de Naron – Canido B |
7-0 |
|
BENXAMIN |
Narón Freixo–Naron Freixo B |
0-3 |
|
PREBENXAMIN |
Naron Freixo A – Canido |
3-0 |
|
BIBERON |
Naron Freixo- A Solaina |
1-4 |
|
TABLA COMPLETA DE RESULTADOS