
V GALA DE PREMIOS
VOLTA A RÍA DE FÚTBOL 2016
O pasado venres 10 de Xuño ás 20:00 horas, celebrouse no Pazo da Cultura de Narón a tradicional Gala do Futbol de Ferrolterra, onde se conceden os premios VoltaaRía, aos mellores deportistas da tempada, organizado pola FGF, a través da súa delegación de Ferrol. O equipo Benxamín A da SDCR NARÓN O FREIXO, como campión de liga do grupo 21 estivo presente e recolleu a súa Copa como Campión.
En este mesmo acto, as nosas xogadoras de categoría Alevín, recibían un merecido premio como subcampionas Galegas de Selección Comarcais na tempada 2015/2016.
Desde o club, toda a familia do Narón Freixo, quere dar a noraboa aos premiados polo esforzo durante toda a tempada, así como, aproveitar estas liñas para felicitar a todos e todas os nenos e nenas da nosa escola polo traballo realizado durante toda este curso.
Tamen queremos convidar a todos os nenos e nenas para que sigan gozando do fútbol, aprendendo e medrando connosco.
Esperamos e desexamos que, a proxima tempada 2016/2017 podamos celebrar novos exitos tanto persoais, como colectivos.
Por último, desde a Directiva, queremos agradecer a colaboración e confianza de todos os pais e nais dos pequenos do noso club pola confianza depositada en nós para a formación dos nenos.
Parabéns

