Durante esta fin de semana disputouse, no pavillón das Lagoas, o I Torneo Narón Futsal,
onde os nosos equipos tiveron unha mais que notoria participación deixándonos todos eles unhas moi boas sensacións de cara a tempada que comezara nuns días.
Os nosos Biberons e Prebenxamins dominaron completamente as súas categorías , logrando o triunfo nas finais celebradas o domingo. O Benxamis a pesar de facernos disfrutar co seu xogo,pagaron a súa inexperiencia na categoría e non foron capaces de pasar da fase de grupos. Os alevíns foron capaces de chegar as semifinais, pero non conseguiron superar os seus contrincantes .
Boas sensacións as que nos deixaron os nosos nenos, que esperamos que sigan disfrutando na pista o resto da tempada.
