Categoría: Noticias

Toda la información actual

I CAMPUS DEPORTIVO SDCR NARON O FREIXO

 

I CAMPUS DEPORTIVO SDCR NARÓN O FREIXO

A SDCR NARÓN O FREIXO, ten o pracer de presentar o primeiro campus deportivo para nenos e meniñas de entre 4 a 12 anos que terá lugar entre o 4 e o 15 de xullo.
O Campus, esta divido en dúas semanas, co cal, temos as seguintes opcións:

1ª OPCIÓN: DO 4 Ó 8 DE XULLO

2ª OPCIÓN: DO 11 Ó 15 DE XULLO

3ª OPCIÓN DO 4 Ó 15 DE XULLO

 

Entre as diferentes actividades, teremos Fútbol, Fútbol sala, Baloncesto, Brillei……….., así como Visitas educativas (Charlas de diferentes profesionais do ámbito deportivo, aproximación aos primeiros auxilios, etc)

Cada neno, recibirá unha equipacion de adestramento, composta de camiseta e pantalón; así como merenda diaria, ademais doutros agasallos.

Consulta as condicións e prezos no noso tríptico, o cal podes descargar picando na ligazón que vos deixamos a continuación.

APUNTATE XA!!! 

AS PRAZAS SON LIMITADAS!!!!!!

TRIPTICO  I CAMPUS NARON FREIXO

cartel_campus_web

ACTO FIN DE TEMPADA

ACTO FIN DE TEMPADA

O vindeiro martes día 21 de xuño, a partir das 19.00 horas, no Estadio de Río Seco, levaremos a cabo a presentación oficial de todos os nosos equipos, tanto de fútbol, como de fútbol sala.

Esperamos e desexamos que, esta vez, as condicións meteorolóxicas acompáñennos para poder disfrutar deste acto.

Agradecemos de antemán a asistencia a toda a familia da SDCR NARON O FREIXO e esperámosvos a tod@s.

Grazas.

V GALA PREMIOS VOLTA A RIA DE FÚTBOL 2016

V GALA DE PREMIOS

VOLTA A RÍA DE FÚTBOL 2016

 

O pasado venres 10 de Xuño ás 20:00 horas, celebrouse no Pazo da Cultura de Narón a tradicional Gala do Futbol de Ferrolterra, onde se conceden os premios VoltaaRía, aos mellores deportistas da tempada, organizado pola FGF, a través da súa delegación de Ferrol. O equipo Benxamín A da SDCR NARÓN O FREIXO, como campión de liga do grupo 21 estivo presente e recolleu a súa  Copa como Campión.

Seguir leyendo «V GALA PREMIOS VOLTA A RIA DE FÚTBOL 2016»

Página 51 de 101
1 47 48 49 50 51 52 53 54 55 101