Categoría: Noticias

Toda la información actual

IX EDICION LIGA LUIS CALVO

 

TORNEO LUIS CALVO

 

Despois de debutar na IX edición la Liga Luis Calvo contra o Racing de Ferrol en Río Seco e sacar un empate a dous goles, tocaba coller o bus para desprazarse a Lugo a disputar a segunda xornada da Liga Alevín de Fútbol 11, para xogar contra o equipo do Residencia de Lugo.

 

O partido, foi moi disputado, con gran parte do xogo no medio campo. Os nosos alevíns dispuxeron de varias ocasións, ainda que, as chegadas non foron claras en ningunha das áreas. O final, o partido decidiuse cun par de xogadas a balón parado, onde os xogadores lucenses estiveron máis acertados e conseguiron sacar un resultado de dous goles a cero. Unha vicotria xusta, ainda que estivemos moi cerca de acadar un empate.

Noraboa os rapaces polo gran partido disputado.

 

OLI CONVOCADA PARTIDO ADESTRAMENTO SELECCION GALEGA SUB-12

 

ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA FEMENINA SUB-12

Olivia Saavedra Barbero, xogadora do Alevin A da S.D.C.R. NARON FREIXO, foi convocada pola Selección Galega Femenina Sub-12, para un partido de adestramento contra o equipo do Oroso.

Despois de xogar coa selección de Ferrol, a Fase Final do campionato de seleccións comarcais, e acadar a carta praza do Torneo disputado en Cedeira; un novo e merecido premio, para a xogadora sub-12 do NARÓN FREIXO.

Desexamos que disfrutes do partido de adestramento coa selección.

NORABOA

 

RESUMO FASE FINAL CAMPIONATO SELECCIONS FEMENINO SUB-12

 

RESUMO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL-8. FASE FINAL SUB -12

 

Despois de superar a primeira fase en Dumbría e unha segunda en Moraña, a Selección Femenina sub-12 de Ferrol, disputou o pasado martes de carnaval a Fase Final do Campionato Galego de seleccións Comarcais en Cedeira. As dúas semifinais femeninas, empezaban as 12:00 horas, sendo Vigo e A Coruña as seleccións que lograban o seu pase para a ansiada final o impoñerse a Santiago por 3 a 1 e a Ferrol por 2 a 0, respectivamente.

A selección de Santiago, conseguía superar as departamentais no terceiro e carto posto, acadando a terceira plaza e na final, Vigo non daría opcións a A Coruña e conseguía o Campionato tras un 3 a 1 na final. As xogadoras da S.D.C.R. NARON O FREIXO que foron parte do convinado departamental, lograban un carto posto moi merecido, xa que chegar a fase final, non e nada doado.

So queda felicitar a toda a expedición ferrolana polo gran campionato realizado e en especial as rapazas da S.D.C.R. NARON FREIXO, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, MARIA DIAZ FUNCASTA e CANDELA GÓMEZ SEOANE.

 

 

RESUMO GALEGO FUTBOL SALA ALEVIN-INFANTIL

 

RESUMO DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL SALA. ALEVÍN MIXTO E INFANTIL MASCULINO.

 

O sábado tivo lugar en Trabada e A Pontenova, os campionatos Galegos de Seleccións Comarcais e a expedición cos Alevíns e Infantís, partía da cidade departamental ás 6:30 horas. O primeiro partido, ás 9:00 horas, enfrontaba á selección de Lugo, coa de Ferrol, tanto en categoría Alevín como en Infantil. Dous partidos moi disputados, onde a igualdade estivo presente ata o último minuto. En Trabada, os Alevíns encaixaban o 3 a 2 nos últimos segundos, que supoñía a primeira derrota do campionato e na Pontenova, un saque longo do porteiro faltando trinta segundos, deixaba a Yerai diante do porteiro para batelo cunha vaselina que supoñería a primeira vitoria da selección infantil.

O segundo partido, enfrontaba ás seleccións de Ferrol contra as de Santiago en ambos os Municipios. Os alevíns, conseguían impoñerse por un claro 7 a 2 e os infantís, tamén resolvían o seu partido cun 4 a 1 ao seu favor. Ambas as seleccións, chegaban ao último partido con posibilidades de ser primeiro de grupo e meterse na final.

A Coruña era o terceiro rival da selección de Ferrol en ambas categorías. Os Alevíns dirixidos por Oscar e Mario, non terían opcións de alcanzar a final, xa que perderían por 4 a 1 ante a selección que, ao cabo, ía resultar campiona. En canto á categoría infantil, os de Ferrol, facían a mellor primeira parte de todo o Torneo e chegaban ao descanso cun 3 a 0 a favor que facía soñar ao equipo coa final; con todo, A Coruña conseguiu reaccionar e nunha segunda parte con máis forza que xogo, alcanzaba o empate que, en definitiva, lles valía para meterse na final por diferenza de goles a favor. Os rapaces dirixidos por Nani e Pablo, quedaban ás portas dunha máis que merecida final, sen perder un só partido e realizando o mellor futbol sala do Torneo. Felicitar a ambas as seleccións, polo gran papel realizado neste Torneo de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala.

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓN COMARCAIS FASE FINAL SUB-12. FUTBOL-8

 

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL-8. FASE FINAL SUB -12

 

O vindeiro martes, día 13 de febrero, terá lugar no Campo Municipal de O Beco, en CEDEIRA, a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12. O Torneo, na categoría femenina, disputarase en duas SEMIFINAIS, A CORUÑA – FERROL e SANTIAGO – VIGO as 12:00 horas e as gañadoras disputarán a Final as 17:00 horas, quedando as 16:00 horas para o partido para disputar o terceiro e carto posto.

Na lista de xogadoras convocadas para O Torneo, pola selección de Ferrol, están as xogadoras da S.D.C.R. NARON FREIXO: OLIVIA M. SAAVEDRA BARBERO, MARÍA DÍAZ FUNCASTA e CANDELA GÓMEZ SEOANE esperamos e desexamos que disfruten do día e que teñan moita sorte na competición. NORABOA.

Página 30 de 101
1 26 27 28 29 30 31 32 33 34 101