Categoría: Noticias Fútbol 8

OLI CONVOCADA PARTIDO ADESTRAMENTO SELECCION GALEGA SUB-12

 

ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA FEMENINA SUB-12

Olivia Saavedra Barbero, xogadora do Alevin A da S.D.C.R. NARON FREIXO, foi convocada pola Selección Galega Femenina Sub-12, para un partido de adestramento contra o equipo do Oroso.

Despois de xogar coa selección de Ferrol, a Fase Final do campionato de seleccións comarcais, e acadar a carta praza do Torneo disputado en Cedeira; un novo e merecido premio, para a xogadora sub-12 do NARÓN FREIXO.

Desexamos que disfrutes do partido de adestramento coa selección.

NORABOA

 

RESUMO FASE FINAL CAMPIONATO SELECCIONS FEMENINO SUB-12

 

RESUMO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL-8. FASE FINAL SUB -12

 

Despois de superar a primeira fase en Dumbría e unha segunda en Moraña, a Selección Femenina sub-12 de Ferrol, disputou o pasado martes de carnaval a Fase Final do Campionato Galego de seleccións Comarcais en Cedeira. As dúas semifinais femeninas, empezaban as 12:00 horas, sendo Vigo e A Coruña as seleccións que lograban o seu pase para a ansiada final o impoñerse a Santiago por 3 a 1 e a Ferrol por 2 a 0, respectivamente.

A selección de Santiago, conseguía superar as departamentais no terceiro e carto posto, acadando a terceira plaza e na final, Vigo non daría opcións a A Coruña e conseguía o Campionato tras un 3 a 1 na final. As xogadoras da S.D.C.R. NARON O FREIXO que foron parte do convinado departamental, lograban un carto posto moi merecido, xa que chegar a fase final, non e nada doado.

So queda felicitar a toda a expedición ferrolana polo gran campionato realizado e en especial as rapazas da S.D.C.R. NARON FREIXO, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO, MARIA DIAZ FUNCASTA e CANDELA GÓMEZ SEOANE.

 

 

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓN COMARCAIS FASE FINAL SUB-12. FUTBOL-8

 

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS DE FÚTBOL-8. FASE FINAL SUB -12

 

O vindeiro martes, día 13 de febrero, terá lugar no Campo Municipal de O Beco, en CEDEIRA, a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12. O Torneo, na categoría femenina, disputarase en duas SEMIFINAIS, A CORUÑA – FERROL e SANTIAGO – VIGO as 12:00 horas e as gañadoras disputarán a Final as 17:00 horas, quedando as 16:00 horas para o partido para disputar o terceiro e carto posto.

Na lista de xogadoras convocadas para O Torneo, pola selección de Ferrol, están as xogadoras da S.D.C.R. NARON FREIXO: OLIVIA M. SAAVEDRA BARBERO, MARÍA DÍAZ FUNCASTA e CANDELA GÓMEZ SEOANE esperamos e desexamos que disfruten do día e que teñan moita sorte na competición. NORABOA.

ADESTRAMENTO SELECCION GALEGA FEMENINA SUB-12

 

ADESTRAMENTO SELECCIÓN GALEGA FEMENINA SUB-12

 

 

 

 

 

 

 

Olivia Saavedra Barbero, xogadora do Alevin A da S.D.C.R. NARON FREIXO, convocada para un adestramento coa selección femenina en categoría Sub-12 que terá lugar o venres 2 de Febreiro, no Campo Municipal A Cañoteira (Cacheiras – Teo) as 18:00 horas.

Despois de xogar coa selección de Ferrol, na segunda fase do campionato de seleccións comarcais, e conseguir a clasificación para a Fase final a disputar o vindeiro 13 de febreriro en Cedeira , un novo e merecido premio, para a xogadora sub-12 do NARÓN FREIXO.

Desexamos que disfrutes do adestramento coa selección.

 

NORABOA

 

 

 

2ª FASE CAMPIONATO SELECCIONS COMARCAIS SUB-12

 

CAMPIONATO GALEGO 2017/2018 SELECCIÓNS COMARCAIS. SEGUNDA FASE

SUB -12 MASCULINO E FEMENINO

 

 

   

 

O sábado 27 de Xaneiro, disputase a 2ª FASE DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS en Moaña (Pontevedra). Os convocados e as convocadas nas categorías masculina e femenina, pola Delegación de Ferrol, da S.D.C.R. NARON FREXO son:

 

 

SERGIO PRADOS FERNANDEZ  OLIVIA M. SAAVEDRA BARBERO      MARIA DIAZ FUNCASTA   BRUNO GONDAR RODRIGUEZ

 

 

 

 

 

 

Página 5 de 28
1 2 3 4 5 6 7 8 9 28