O sábado 11 tocáballe ao Benxamín C viaxar ata Avilés para disputar o Torneo 25 Aniversario do C.D Quirinal. Tocábanos no Grupo B xunto con CD Covadonga, Versalles, CD Quirinal B e Llanares Cf .
1º Partido Grupo B LLANARES C.F – SDCR NARON O FREIXO 0-1
Tocounos xogar o primeiro partido ás 12 do mediodía contra o Llanares. Foi este un partido estraño e igualado onde a disposición no campo dos asturianos non nos deixaba desenrolar o noso xogo, remataba xa a segunda parte cando Ruben conseguiu marcar o 0-1 que foi o resultado final do encontro.

2º Partido Grupo B SDCR NARON O FREIXO – CD COVADONGA 0-12
Ás 17:00 h baixo un sol de xustiza tivemos que xogar o segundo partido da xornada contra o CD Covadonga un auténtico tanque co que nada tivemos que facer, 0-12 foi o resultado final, contra un equipo que perdeu en semifinais 0-1 co todopoderoso Sporting de XiXón .

3º Partido Grupo B SDCR NARON O FREIXO – VERSALLES C.F 3-4
Tiñamos que agardar ata ás 18:30 h para disputar o terceiro encontro do día, era contra o Versalles, chegamos ao final da primeira parte con dous goles en contra que parecía que xa nos condeaban á derrota. Tras o descanso, un gol de falta anotado por David volvía a meternos no encontro, e outros dous tantos puñeronnos cun 3-2 no marcador e o noso equipo volcado no area contraria. Todo parecía ao noso favor para levarnos os tres puntos, pero ao final os deuses do fútbol non nos foron favorables e acabamos perdendo o encontro por 3-4, no que foi un resultado totalmente inxusto dado o xogo e as gañas que puxeron os nosos no terreo de xogo
E así remataba a primeira xornada do torneo, agora tocaba cear e descansar para disputar o último encontro da primeira fase o domingo ás 11 h fronte o Quirinal.
4º Partido Grupo B QUIRINAL “B” – SDCR NARON O FREIXO 3-0
Fermoso partido o último da fase de grupos o disputado polos nosos nenos fronte ao Quirinal “B” 3-0, foi o resultado final nun partido xogado de poder a poder no que os nosos mereceron polo menos un pouco mais.

Partido De Consolación Terceiros De Grupo SDCR NARON O FREIXO – TSK ROCES 0-5
E así rematabamos a fase de grupos acadando a terceira posición, o que nos levaba a enfrontarnos ás 17:40 h co terceiro do grupo A, o TSK Roces nun partido de consolación sen mais recorrido que estirar un pouco as pernas despois da comida do domingo.
Pero o problema foi que chegamos cun equipo machucado no físico por competir con equipos moito mais contundentes na loita polo balón, e o último partido non foi diferente, equipo que xogaba ao límite do permitido, contundente en defensa e en ataque, e cunha superioridade física que nestas idades notase de sobremaneira, o resultado final foi de 5-0.
Bo torneo o dos nosos nenos que demostraron que poden competir a un nivel moi alto, fronte a equipos superiores no fisico. O ano que ven mais e millor.
