VII TORNEO FUTBOL CONCELLO DE NEDA
CATEGORÍA BENXAMÍN
O sábado día 11, o noso Benxamín B disputaba o Torneo do Concello de Neda encadrado nun grupo que, a priori, estaba moi igualado, co Animas e o Neda B.
O primeiro partido, enfrontaba aos nosos pequenos cos locais do Neda B. O encontro estivo moi disputado e ao final, non se movería o marcador, empate a cero. O segundo partido, viña confirmar a igualdade que se prevía neste grupo e outro empate, deixábanos como segundos de grupo e a esperar rival nas semifinais.
O Numancia de Ares, como primeiro do outro grupo era nosa último paso para a final, con todo, aínda que os nosos benxamines nunca baixaron os brazos, non conseguiron a clasificación e tocaríalles pelexar polo terceiro e cuarto posto.
Xa moi cansos despois dun longo día, volvían ver as caras co equipo B local, con todo, nesta ocasión, os de Neda, impoñíanse e lograban o terceiro posto.
Gran torneo dos benxamines do Freixo que cun meritorio cuarto posto, recibían o seu merecido trofeo e posaban así de encantados coa súa copa.

