XXIX GALA DO DEPORTE DE NARON
Coa XXIX Gala do Deporte de Narón damos por finalizada a tempada 2016/2017, un ano que para a nosa sociedade quedará marcado como un referente de traballo e coma espello no que mirarnos para tentar de seguir mellorando e medrando nos anos vindeiros.
Nunha Gala na que os protagonistas son os nenos, houbo un momento para premiar o traballo desinteresado, o bo facer, a humildade e sobre todo a dedicación dunha persoa que, despois de vinte e cinco anos traballando a prol do Narón Freixo, segue a tirar do carro coa mesma ilusión do primeiro día, xa que o premio á S.D. C. R. Narón Freixo seria imposible de acadar sen a labor desinteresada de JUAN pero sen esquecernos nunca da súa dona FINA , xa que eles son os son os cimentos deste Narón Freixo, e en nome dos demais membros da Directiva, adestradores, pais, nenos e de todas e todos os que formamos parte desta gran familia, só podemos dicirlles GRAZAS





