XVI TORNEO FUTBOL 8 – VIVEIRO
CATEGORÍA ALEVÍN E PREBENXAMÍN
O domingo día 12 de xuño, os equipos Alevíns e Prebenxamins desprazáronse a Viveiro para a disputa do XVI Torneo de Fútbol 8.
Os nosos Alevíns, foron os encargados de abrir o Torneo nun partido que lles enfrontaba aos locais e, aínda que durante quince minutos fomos dominadores e tivemos ocasións de marcar, nada puidemos facer para compensar o temperán gol dos locais que, ao cabo, foi definitivo.
Os nosos pequenos, tampouco tiveron sorte no primeiro encontro e, con varias ocasións falladas ante a portería rival, nun par de *ontras, víronse superados en dúas ocasións e tamén caían derrotados na súa estrea no Torneo.
Os seguintes partidos de grupo, enfrontábannos a rivais complicados e, aínda que Alevíns e Prebenxamins nunca baixaron os brazos e disputaron en todo momento, nada puideron facer para sacar algo positivo dos seus enfrontamentos. Con todo, gozaron o deporte que máis lles gusta e dunha xornada de convivencia cos seus compañeiros